20 janeiro 2013



 Obxectivo do curso:
O principal obxectivo deste cursiño é poder divulgar, dun xeito básico, os aspectos,teóricos e prácticos, para dar os primeiros pasos no cultivo ecolóxico das hortalizas máis comúns para autoconsumo nun balcón ou terraza a través da instalación de mesas de cultivo, macetas, contenedores ou xardineiras. Con esta actividade preténdese convertir o balcón nun pequeno xardín ó que visitar cada día, contribuíndo deste xeito na sostenibilidade das cidades propoñendo unha produción o máis ecolóxica posible, que non contamina nin degrada o medio ambiente, favorece o consumo de alimentos saudables e axuda na concienciación medioambiental das persoas. En definitiva, convértese nunha potente ferramenta educativa para calquera idade á vez que permite ampliar os nosos coñecementos sobre as plantas e os ecosistemas e desenvolver actitudes como a paciencia e a constancia dun xeito divertido, útil e gratificante.
Relator: Marcos Besada Alvarez, Enx. Agrícola e Ag. Ecolóxica
.Lugar: Albergue ALVARELLA, Breanca nº 4, Doroña,  Vilarmaior (A Coruña)
 Datas: 23 e 24 de Febreiro de 2013.

PROGRAMA
1º Día (sábado 23)
10:30h.-Presentación,ALVARELLA, un proxecto singular. Desenvolvemento Sostible. ECOLABEL. Funcionamento do grupo. Programa do curso.
10:45 h.- Charla: Agricultura ecolóxica e horticultura urbana.
12:00 h.- Pausa-Café.
12:30 h.- Consideracións ó cultivo en balcóns e terrazas I.
14:00 h.- Xantar.
16:00 h.- Paseo por Alvarella.
16:30 h.- Obradoiro A: Fabricación de goteiros caseiros.
18:00 h.- Pausa-Café.
18:30 h.- Charla: Consideracións ó cultivo en balcóns e terrazas II.
20:00 h.- Coloquio.
20:30 h.- Tempo libre.
21:00 h.- Cea.
23:00 h.- Descanso. 
2º Día (domingo 24)
 9:30 h.- Desaiuno.
10:00 h.- Obradoiro B: Preparación da nosa primeira maceta hortícola e sementeira.
12:00h.- Charla: Primeiras nocións sobre compostaxe caseira.
13:00 h.- Posta en común, Avaliación do curso e conclusións.
14:00 h.- Xantar.
16:00 h.- Remate do curso e despedida.
Nota.- Cada asistente debe traer da casa o seguinte material de refugallo: garrafa de 5 litros; botella de 1,5 litros, 4 vasos de iogur e unha maceta tipo xardiñeira (40x20x19), ésta é de 8 € aprox.

Sem comentários: