04 março 2008

ALVARELLA: Un paso cara a sustentabilidade





Autores:
Sabela G. Abalo, Jorge Gude, Jose Veiga, Noemí Montoto, Gloria Mena.
Institución ou Entidade:
Educadores Ambientais de ALVARELLA (Entidade de E. A.)
Área transversal:
Educación Ambiental Non Formal.
Resumo do relato:
>> O Proxecto Alvarella comezou combinando unha serie de características que se daban por aquel entonces; a reciente creación do Parque Natural das Fragas do Eume (1998), o Patrimonio cultural Eumés, a Educación Ambiental coa reciente publicación da Estratexia galega de Educación Ambiental ou o turismo rural en auxe. Todo isto tentouse adaptar a un proxecto que tivera cavida coas características da Finca Alvarella e impulsado polo PRODER criouse Alvarella Ecoturismo S.L. en xaneiro do 2000.
Este proxecto tentouse levar a cabo baixo as definicións do DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE que é aquel que satisface as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as capacidades das xeneracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades e do TURISMO SUSTENTABLE tentando xestionar os recursos de xeito que as necesidades económicas e estáticas podan ser satisfeitas mentes se mantén a integridade cultural, os procesos ecolóxicaos esenciais a diversidade biolóxica e os sistemas de vida. Tentando así deixar patentes os tres elementos claves da SUSTENTABILIDADE: económico, medioambiental e social.
Para conseguir que a criación e creación do Proxecto Alvarella cumplira os obxetivos sustentabilidade se usaron tres características: Biosostible, Bioconstrucción e Bioclimático. Explicaremos que fixemos en Alvarella ao respecto de cada termo.
1.-BIOSOSTIBLE: o termo biosostible fai referencia á actitude dos hábitos adquiridos. As construccións biosostibles tentan non esgotar os recursos naturais seguindo os criterios de:
• Buscar a eficiencia enerxética.
• Xestionar a auga e a luz racionalmente.
• Programar o tratamento dos residuos.
Para conseguir esto en Alvarella se tomaron as seguintes medidas:
Uso da enerxía solar térmica.
Uso da enerxía solar fotovoltaica.
Uso da enerxía eólica.
Griferias de baixo consumo.
Lámpadas de baixo consumo.
Electrodomésticos de baixo consumo e bitérmicos.
Tratamento separado das augas grises e negras por lagunaxe e depuración aerobia.
Recollida selectiva de residuos e compostaxe da fracción orgánica.
As medidas anteriores poderianse adoptar en calquera edificio, pois fan referencia á forma do uso dos recursos. En Alvarella se quixo que tamén os materiais de construcción contribuiran ao desenvolvemento sostible a través da bioconstrucción.
2.-BIOCONSTRUCCIÓN: as bioconstruccións empregan materiais reciclables e reutilizables para reducir o impacto sobre o medio seguindo os criterios de:
Priorizar os recursos naturais( madeira, pedra,..).
• Empregar materiais pouco procesados.
• Deseñar para as necesidades dos usuarios.
Con isto o albergue Alvarella tentouse construir coa maior cantidade posible de materias de bioconstrucción como son:
Termoarxila.
Madeira de producción local e co selo FSC.
Tuberías de polipropileno evitando PVC.
Pinturas ecolóxicas e cal hidráulica.
Vernices naturais con base de aceite de liñaza.
Pavimento de linóleo.
Por último, o terceiro termo que se integrou en Alvarella fai que sexa unha construcción bioclimática que se refire á forma física da construcción.
3.-BIOCLIMÁTICA: nas construccións bioclimáticas considéranse a morfoloxía do lugar, o clima e a orientación da zona na que se levanta, baixo os criterios de :
• Integrar armónicamente no medio.
• Orientar ao sur.
• Coñecer o clima da zona.
Esto conseguiuse coas seguintes medidas:
Orientación ao sur.
Pérgola na fachada sur con vegetación caducifolia.
Enerxía solar pasiva.
Con todo isto en Alvarella, tanto os traballadores como os visitantes, poden comprobar que se pode vivir en construccións con estas características gañando en calidade de vida e perxudicando o menos posible o noso contorno.
>> A Educación Ambiental non formal é a base das nosas actividades en Alvarella. Traballamos con diferentes bloques temáticos como a enerxía, a auga, os residuos, o consumo e a alimentación, a bioconstrucción, o patrimonio natural e cultural e o horto ecolóxico. Cada bloque temático ten diferentes actividades co correspondente material didáctico para traballar antes e despois da estancia, pretendendo así avaliar dun xeito más amplo, a pesar das dificultades que presentan a brevedade das estancias e falla de continuidade no tempo. Queremos dende Alvarella que a nosa forma de traballo tamén sirva de ejemplo para acadar sustentabilidade socioambiental a pesar dos obstáculos económicos aos que nos enfrentamos.
Texto da Comunicación:
1.-ANTECEDENTES:
O Proxecto Alvarella comezou combinando unha serie de características que se daban por aquel entonces; a reciente creación do Parque Natural das Fragas do Eume (1998), xunto coa existencia do Patrimonio cultural Eumés, a Educación Ambiental coa reciente publicación da Estratexia galega de Educación Ambiental (2000) ou o turismo rural en auxe. Con todo isto, impulsado polo programa europeo PRODER e coas carácterísticas da finca Alvarella, creouse Alvarella Ecoturismo S.L. en xaneiro do 2000 e se comezaron as actividades en agosto do 2001.
Este proxecto tentouse levar a cabo baixo as definicións do DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE que é aquel que satisface as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as capacidades das xeneracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades e do TURISMO SUSTENTABLE tentando xestionar os recursos de xeito que as necesidades económicas e estáticas podan ser satisfeitas mentres se mantén a integridade cultural, os procesos ecolóxicos esenciais, a diversidade biolóxica e os sistemas de vida. Tentando así deixar patentes os tres elementos claves da SUSTENTABILIDADE: económico, medioambiental e social.
2.-MÉTODO:
Para conseguir que a creación do Proxecto Alvarella cumplira os obxetivos da sustentabilidade se combinaron tres características: Biosostible, Bioconstrucción e Bioclimático. Éstas características aplicadas no noso equipamento serven en sí mesmas como recurso para realizar determinadas actividades de Educación Ambiental. Explicaremos qué fixemos en Alvarella ao respecto de cada termo.
2.1.-BIOSOSTIBLE: o termo biosostible fai referencia á actitude dos hábitos adquiridos. As construccións biosostibles tentan non esgotar os recursos naturais seguindo os criterios de:
Para conseguir isto en Alvarella tomaronse as seguintes medidas:
• Uso da enerxía solar térmica: a través de 50 placas solares térmicas que quentan a auga de uso sanitario, a calefacción a través do chan radiante e a piscina.
ÎAlgúns datos técnicos:
Alvarella conta, xa dende o seu inicio (2001), con 50 paneies solares térmicos (105 metros cuadrados), para quecer auga coa enerxía procedente do sol e acumulala en dous depósitos de 3.000 litros (sanitaria) e 4.000 litros (calefacción para chan radiante). A instalación destinase tamén á climatización da piscina do equipamento. Nestes dous últimos anos, o consumo de gas propano, como apoio á calefacción, auga sanitaria, cociña-forno foi de 27 grupos de 5 bombonas de 35 Kg cada unha , o que supón un gasto anual de 4.725 Kg de propano, aprox. 4.500 euros. Considerando as equivalencias: (1 termia = 1000 Kcal ; 1Kwh = 0,86 termias; 1 Kg de propano = 11,9 termias ) A combustión de 4.725 Kg de propano producen 56.227 termias e o aporte da instalación solar térmica é de 105 m2 · 300 termias/m2 = 31.500 termias. Este dato se corresponde cun 36 % (do total 87.727 termias)das necesidades totais do equipamento.
Se consideramos ese aforro de propano, según a reacción de combustión de dito gas: CH3-CH2-CH3 + 5 O2 Æ 3 CO2 + 4 H2O 1 mol 3 moles Por cada mol de gas que deixamos de queimar , deixamos de emitir á atmósfera 3 moles de dióxido de carbono. Para o noso caso, 31.500 termias procedentes da enerxía solar térmica, equivalen a unha reducción da combustión
>> Algúns datos técnicos:
Enerxía eléctrica consumida exercicio 2005 : 19.988 Kwh Enerxía eléctrica consumida exercicio 2006 : 19.742 Kwh
Outra variable a ter en conta é a ocupación. O gasto enerxético foi case o mesmo nos dous exercicios ; pero debemos ter en conta que o número de persoas foi maior no 2006: Ano 2005-1.648 persoas-135 días Ano 2006-2.940 persoas-190 días
Conscientes da necesidade de aforrar, en enerxía eléctrica gastamos 2.896,67 euros no ano 2005 e 3003,24 euros no 2006, esto supuxo un incremento do 3,7% (a media en cada fogar é unha subida do 5 %) As placas solares fotovoltaicas e o aerogenerador forman un sistema illado no que aproveitamos a corrente eléctrica para o alumeado exterior, a enerxía que non se consume directamente queda almacenada nunhas baterías que permiten a súa utilización posterior.
Considerando 1.200 horas de funcionamento do xerador eólico e 1000 horas as placas fotovoltaicas danos unha producción de enerxía de 4.600 Kw.h cada ano. Como xa comentamos anteriormente, o consumo anual de enerxía eléctrica é cerca de 20.000Kw.h, isto supón un aforro dun 23 %.
Coa nova instalación eólica e fotovoltaica podemos aforrar mais dun 20 % de enerxía eléctrica, e cumplimos o doble obxectivo: contribuímos a disminuír o uso de fontes de enerxía non renovables e favorecemos a divulgación das enerxías renovables no noso “equipamento didáctico”.
Iluminación do equipamento: Aínda que dentro do consumo enerxético total supón unha porcentaxe moi pequena, convén resaltar que resulta moi doado o aforro, pois so consiste en substituír lámpadas incandescentes por outras de baixo consumo. Nas habitacións hai 6 lámpadas incandescentes, porque se acenden e apagan moitas veces en moi pouco tempo, instaladas en aseos, mesiñas de noite, espellos. As dúas da sala de cada habitación e a exterior son de baixo consumo.
Espazos
Lámp. Incandescentes
Lám baixo consumo
Aforro
Habitacións
3 · 12· 60 =2.160 w
3 · 12 · 11 = 396 w
1.764 w
Comedor
10 · 100 = 1.000 w
10 · 20 = 200 w
800 w
Alum. Exterior
20 · 60 = 1.200 w
20 ·11 = 220 w
980 w
Outros:aseos,despen…
4 · 60 = 240 w
4 · 11 = 44 w
196 w
Gasto total en iluminación convencional = 4.600 w Gasto total en iluminación de baixo consumo = 1.184 w
Aforro = 3.740 w que supón un 80 %
>> Algúns datos técnicos:
Nunha caldeira convencional os fumes xerados pola combustión están compostos de dióxido de carbono, nitróxeno, osíxeno e vapor de auga a temperaturas que oscilan entre os 150 e 200ºC, polo que nunca hai condensación. Nunha “caldeira de condensación” os fumes condensan, descargan a calor, e o vapor de auga transfórmase en auga líquida. A temperatura dos fumes desta caldeira nova pode variar de 45 a 80ºC polo que case non se perde calor e esta calor aproveitase para quecer a auga da instalación. No noso caso pasamos dunha temperatura de fumes de 130ºC a 39ºC á máxima potencia. Os datos comparativos:
Caldeira convencional
Caldeira de condensación
Potencia 42 Kw
50 Kw
Caudal gas 3,67 kg/h
3,94 Kg/h
Temperatura fumes 130ºC
39ºC

• Griferias de baixo consumo: todos os grifos de Alvarella son de apertura en frío e cun pequeno freo monomando e un aireador para conseguir unha reducción do consumo de auga do 30 ao 40%.
• Tratamento das augas: as augas residuais sepáranse en grises e negras. As grises, procedentes dos lavabos e duchas, depúranse a través de filtros que fan a función depuradora. As augas negras, procedentes dos inodoros e lavadora, son levadas a unha depuradora aerobia que emprega o sistema de lodos activos. As bacterias dixiren os lodos en presencia de osíxeno,sen axentes químicos.
• Recollida selectiva de residuos: ao longo da finca de Alvarella hai diferentes papeleiras para a recollida de vidro, papel, plásticos e materia orgánica compostables. Os residuos orgánicos do albergue recíclanse nun composteiro, convertíndose en humus mediante procesos biolóxicos naturais.
As medidas anteriores poderianse tomar en calquera edificio, pois fan referencia á forma do uso dos recursos. En Alvarella quíxose que tamén os materiais de construcción contribuiran ao desenvolvemento sostible a través da bioconstrucción. 2.2.-BIOCONSTRUCCIÓN: as bioconstruccións empregan materiais reciclables e reutilizables para reducir o impacto sobre o medio seguindo os Por isto o albergue Alvarella tentouse construir coa maior cantidade posible de materias de bioconstrucción como son:
• Termoarxila: as paredes construíronse con bloques cerámicos alixerados de termoarxila. É un material transpirable, higroscópico e bon aillante térmico e acústico.
• Madeira: a madeira usada nas fachadas, aleiros, farolas e beirarúas é de piñeiro do país, e de producción local. A estructura do tellado, a pérgola e o mobiliario exterior é de piñeiro roxo procedente de bosques sostible co selo FSC.
• Tuberías: nas tuberias evitouse o problemático PVC, cobre ou aceiro e utilizouse o polipropileno que é un plástico non clorado, insípido, anticorrosivo, moi duradeiro e reciclable.
• Pinturas: as pinturas usadas no interior de Alvarella, son pinturas ao silicato, feitas con sustancias naturais e ecolóxicamente inócuas. Ao igual que as pinturas usadas no exterior é cal hidráulica con propiedades desinfectantes, transpirables, higroscópicas e elásticas.
• Vernices: o mobiliario de madeira (liteiras, taburetes, mesas, fachadas,...) teñen acabados con lasur. É un producto ecolóxico con base de aceite de liñaza sen disolventes. Deixa o poro aberto o que posibilita a súa transpiración e aumenta a durabilidade da madeira.
• Pavimento de linóleo: un revestimento natural fabricado con cortiza, aceite de liñaza, resina e fibras naturais. É un material ecolóxico e reciclable.
Por último, o terceiro termo que se integrou en Alvarella fai que sexa unha construcción bioclimática o que se refire á forma física da construcción. 2.3.-BIOCLIMÁTICA: nas construccións bioclimáticas considéranse a morfoloxía do lugar, o clima e a orientación da zona na que se levanta, baixo os Esto conseguiuse coas seguintes medidas:
• Orientación ao Sur: as edificacións oriéntanse ao sur para aproveitar da insolación, calor e iluminación natural. En esta fachada Sur están uns grandes ocos acristalados, mentres que a fachada Norte está moi protexida.
• Pérgola na fachada Sur: a pérgola desta fachada está cuberta de vexetación caducifolia que axuda a regular dun xeito natural a temperatura do interior e impiden a entrada dos raios do sol no verán e permitindoa no inverno.
• Enerxía solar pasiva: a lonxitude do aleiro calculouse según a inclinación do sol nas diferentes estacións para conseguir quentar e iluminar o interior no inverno e no verán quedarse fora os raios. Tamén a cuberta do edificio é ventilada, o ar corre por debaixo das tellas e por riba das habitacións para evitar o quecemento excesivo.
3.-EDUCACIÓN AMBIENTAL NON FORMAL EN ALVARELLA. OBXETIVOS, CONTIDOS E ACTIVIDADES.
A Educación Ambiental non formal é a base das nosas actividades en Alvarella. Os recursos utilizados son o propio equipamento polas súas características e o contorno máis cercano. O noso proxecto educativo enfoca a súa oferta baseándose nunha serie de obxetivos xerais e obxetivos específicos para tratar os contidos de cada bloque temático.
3.1.- OBXETIVOS XERAIS
• Promover unha toma de conciencia crítica e sensible respecto do medio ambiente.
• Promover e desenvolver actitudes, valores e comportamentos ambientais, congruentes cun pensamento e unha ética ecolóxica orientada por criterios de solidariedade, equidade e xustiza social.
• Adquirir coñecementos e promover actitudes, valores e comportamentos ambientais en concordancia con un pensamento e unha ética ecolóxica e un estilo de vida sostible.
• Valorar a problemática ambiental como un fenómeno complexo, global e non alleo as nosas vidas.
• Desenvolver hábitos de conducta que axuden a minimizar a nosa presión contaminante sobre o medio.
• Asumir posturas respetuosas co medio e participar activamente en tarefas de protección, conservación e recuperación do entorno
• Integrar os principios, os valores e as prácticas do desenvolvemento sostible en todas as facetas da educación ambiental e da aprendizaxe.
• Fomentar os cambios de comportamento necesarios para preservar o futuro da integridade do medioambiente, a viabilidade económica e a xustiza social.
• Definir os aspectos teóricos relativos ó concepto de medioambiente.
• Promover o dereito a un pensamento plural, crítico e innovador na acción educativa ambiental. A nosa labor é facilitar a información, as ferramentas de aprendizaxe, os recursos educativos, para que o usuario se forme a súa propia opinión.
• Coordinar as diferentes modalidades de educación ambiental: formal, non forma e informal. 3.2.-OBXETIVOS E CONTIDOS DOS BLOQUES TEMÁTICOS.
3.4.-INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.
A avaliación é indispensable no proceso educativo para acadar os obxetivos desexados. En Alvarella tentamos facer unha avaliación inicial dun xeito escrito ou oral cos/as alumnos/as e o profesorado; durante a estancia facemos cuestionarios, pasamos fichas ou utilizamos o método de observación para asentar os coñecementos e detectar deficiencias. Ao final do traballo realizado, pasamos un test de avaliación para coñecer o grao de coñecemento e de satisfacción adquirido polos/as alumnos/as e os/as acompañantes. Este test final é estudado e analizado facéndolle chegar unha copia ao centro. Con esto pretendemos que exista unha comunicación entre a Educación Ambiental formal e a non formal. Con esto pretendemos avaliar dun xeito máis amplo os obxetivos pretendidos, a pesar das dificultades que presentan a brevedade das estancias e falla de continuidade no tempo. Queremos dende Alvarella que a nosa forma de traballo tamén sirva de exemplo para acadar sustentabilidade socioambiental a pesar dos obstáculos económicos aos que nos enfrentamos.
4.-CONCLUSIÓN.
Co noso plantexamento e as medidas tomadas, queremos influír na poboación en xeral de cara a unha forma de vida que non hipoteque ás xeracións futuras, sen, por eso renunciar á calidade de vida, que non se corresponde co maior gasto enerxético ou degradación do medioambiente.