12 abril 2010

CAMPAMENTOS GREENPEACE 2010 EN ALVARELLA

CAMPAMENTOS DE GREENPEACE 2010 en ALVARELLA

Os campamentos de Verán de Greenpeace son un proxecto de Educación Ambiental que levan 13 anos en marcha. Por el teñen pasado miles de nen@s, moz@s e educador@s gozando da súa maxia, aprendendo a protexer o Medio Ambiente e pasando á acción por un Planeta mellor.

Este verán realizaranse en ALVARELLA 3 QUENDAS de campamentos.

As INSCRICIÓNS ÁBRENSE:
13 de Abril para SOCI@S
20 de Abril para NON SOCI@sS

Realizaranse TRES quendas de DEZ días cada unha:
1º quenda: do 1 ao 10 de xullo, para moz@s de 11 a 14 anos
2º quenda: do 11 ao 20 de xullo, para moz@s de 13 a 15 anos
3º quenda: do 21 ao 30 de xullo, para moz@s de 15 a 17 anos

¡ ANÍMATE A PARTICIPAR !

Chámanos canto antes ao

962 350 777
campamentosgreenpeace@actioactivitats.com

www.greenpeace.org/espana/campamento-de-verano/campamento

07 abril 2010

Campamentos 2010 Greenpeace

Los campamentos de Verano de Greenpeace es un proyecto de Educación Ambiental que lleva 13 años en marcha. Por él han pasado miles de niñas y niños, jóvenes y educadores disfrutando de su magia, aprendiendo a proteger el Medio Ambiente y pasándo a la acción por un Planeta mejor!

Este verano se realizarán 4 turnos de campamento.
LAS INSCRIPCIONES SE ABREN:
13 de Abril para SOCI@S
20 de Abril para NO SOCI@S


Se realizarán cuatro turnos de diez días cada uno:

  • 1º turno: del 1 al 10 de julio, para jóvenes de 11 a 14 años en Alvarella, Galicia. FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
  • 2º turno: del 11 al 20 de julio, para jóvenes de 13 a 15 años en Alvarella, Galicia. FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
  • 3º turno: del 21 al 30 de julio, para jóvenes de 15 a 17 años en Alvarella, Galicia. FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN.
  • 4º turno: del 17 al 26 julio, para chicos y chicas de 8, 9 y 10 años en Alborache, Valencia. FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN.

!ANÍMATE A PARTICIPAR!

!TE ESPERAMOS!

!OS ESPERAMOS!



04 abril 2010

Diversos colectivos manifestan "unha vez máis" a súa absoluta oposición á mina de andalucita no Concello das Pontes


Diversos colectivos manifestan "unha vez máis" a súa absoluta oposición á mina de andalucita no Concello das Pontes por supoñer a destrución do nacemento do Río Belelle e afectar gravemente ao Parque Natural das Fragas do Eume.

Tal e como xa manifestaran no ano 2007, os colectivos Adega, Club de Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, O Rabo do Galo, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia, rexeitan tanto o proxecto de explotación como a Declaración de Impacto Ambiental publicada o 11 de marzo no Diario Oficial de Galicia por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Consideran que o dito documento non é de recibo, xa que "está cheo de érros e incongruencias", e ademais "sorprende" que despois de ser rexeitado pola anterior Consellería de Medio Ambiente, agora se lle pretenda dar luz verde ao proxecto sen que sufrira modificacións significativas. Consideramos que se aplica aquí o principio do "rodillo" administrativo para favorecer os intereses privados dos promotores da explotación, pasando por riba da lexislación ambiental, tanto autonómica como estatal e comunitaria, critican.

Risco para a fraga autóctona

Por outra parte, a zona afectada é refuxio dunha flora e fauna de grande riqueza e a zona de explotación sitúase xusto sobre unha fraga autóctona de máis de 25 hectáreas que tamén desaparecería, polo que resultan intolerables afirmacións do tipo "da análise ambiental non se desprenden afeccións a espazos naturais protexidos ou compoñentes significativos da biodiversidade", cando é de todo punto sabido que as fragas representan en Galicia a grande reserva para a biodiversidade, así como que o seu número e extensión "diminúen día tras día" debido á expansión de cultivos forestais con especies alóctonas como o eucalipto. Ademais, a dita fraga está incluída na Proposta de Ampliación da Rede Natura, polo que mentres non se decida sobre dita ampliación este espazo debería permanecer libre de agresións.

Tamén resulta digno de ter en conta, desde o punto de vista da conservación, que o Monte Fontardión, a cuxo pé se atopa a zona que se pretende explotar, constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural das Fragas do Eume e o L.I.C. Xubia-Castro, condición que desaparecería de levarse a cabo a explotación.

Perigo constante para a calidade das augas

Desde estes colectivos denuncian que os mesmos perigos ambientais seguen presentes no proxecto. Así, de levarse a cabo, "suporía a destrución definitiva e irreversible" do nacemento do Río Belelle. Neste senso, non se cumpren os requisitos que establece o Real Decreto 2857/78 que aproba o Regulamento Xeral para o Réxime da Minaría. Este decreto, no artigo 3 dispón: "No podrán abrirse calicatas, efectuar sondeos ni hacerse labores" a menos de cien metros de alumbramientos, canales, acequias y abrevaderos o fuentes públicas."

Este proxecto afectaría moi negativamente á cantidade e á calidade das augas bombeadas do río Belelle na estación de captación feita polo Concello de A Capela, a moi pouca distancia augas abaixo da localización da citada mina, para abastecer de auga potable a todo o Concello de A Capela e á parte alta dos Concellos de Fene e Cabanas. Hai que lembrar que tamén os concellos de Neda e Ferrol se abastecen da agua procedente do Belelle. Segundo o artigo 60 da vixente lei de augas o abastecemento de poboación ten preferencia sobre calquera outro uso, de aí o risco para as poboacións da posta en marcha da mina no citado emplazamento.

Por outra banda, o espazo previsto como entulleira sitúase xusto sobre o rego Manciñeira , tributario do Eume, o cal supón un deterioro tamén da súa cabeceira e un perigo constante para a calidade das augas, tanto por emisións de pó e de lixiviados, como pola posibilidade de rotura das balsas de decantación.

Asemade, as organizacións mencionadas consideran que esta declaración de impacto ambiental entra en conflito co establecido na Lei 5/2006, do 30 de xuño, para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos.

Intereses económicos vs contorna

Os denunciantes afirman que semella que neste caso a administración autonómica ambiental está "máis preocupada" de garantir os intereses económicos dos promotores da mina que de atender ás súas obrigas legais de protección do medio ambiente.

Por último, as organizacións asinantes consideran que a apertura da citada mina suporía tamén a perda dunha contorna que atesoura non só grandes valores naturais, senón tamén culturais e antropolóxicos (muíños, rueiros, acueductos, soutos, regadíos, etc.
[GZnación / Redacción] 31 de Marzo do 2010