24 outubro 2010

A FEG SOLICITA A INTERVENCIÓN DO FISCAL DE MEDIO AMBIENTE PARA PROTEXER A SERRA DO CAREÓN

Pídenlle que investigue a permisividade da administración coas destrucións
de hábitats o e o proxecto de autovia A-54

Nas pasadas semanas, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) mantivo unha
entrevista co Fiscal de Medio Ambiente de Galiza, Álvaro García-Ortiz, e
entregoulle dous escritos solicitando a súa intervención perante o
gravísimo estado de deterioramento dos hábitats do LIC Serra do Careón,
que podería empeorar co proxecto de autovía A-54.

O LIC da Serra do Careón é un dos puntos botánicos de maior interese do
estado español, existindo dentro dos seus límites 6 especies incluídas no
Catálogo Galego de Especies Ameazadas como "En Perigo de Extinción". Tres
delas (Armeria merinoi, Leucanthemum gallaecicum e Santolina melidensis)
teñen na Serra do Careón a súa única localidade mundial.

A declaración desta área como LIC non serviu para frear a súa degradación
e durante a última década, grazas á inacción e deixadez de funcións da
Administración galega (que está obrigada a conservar os LIC) as
matogueiras que acubillan estas especies únicas están a ser destruídas e
transformadas para produción forestal e de pasto. O proceso é aínda máis
grave se consideramos que estas 3 especies únicas só medran sobre un tipo
de rochas (as serpentinas) que en Galiza só se topan no Careón e na Serra
da Capelada.

Ao grave impacto desas transformacións súmase agora o proxecto de autovía
A-54, cuxo trazado, que recibiu este verán o visto bó da Consellaría do
Medio Rural, vai partir o LIC en dous e actuar como barreira para o fluxo
xénico entre as poboacións de plantas ameazadas, favorecendo a súa
desaparición. Esta decisión é contraria un informe da propia Xunta de
Galiza do ano 2006 no que se desaconsellaba totalmente o trazado agora
aceptado, e propúñanse alternativas que non afectaban a este LIC.

A FEG solicita a investigación do Fiscal para determinar se a
Administración Galega puido incurrir en delito dada a súa inacción para
conservar estas especies ameazadas fronte as destrucións dos seus hábitats
e tamén se existen responsabilidades na "luz verde" dada polo Conselleiro
Juárez á autovía A-54.

19 outubro 2010

O albergue Alvarella Ecoturismo, candidato ao premio europeo de promoción ecolóxica


O albergue rural Alvarella Ecoturismo, situado en Vilarmaior (A Coruña), no Parque Natural Fragas do Eume, foi seleccionado como finalista xunto a outras doce marcas europeas como a empresa da Unión Europea que mellor deu a coñecer a etiqueta ecolóxica 'Eurolabel', un selo voluntario para produtos sostibles e destinos turísticos respectuosos co seu ámbito.
O gañador darase a coñecer nunha cerimonia na noite deste luns e o premio recoñecerá "a calidade, a creatividade e a pertinencia das actividades, así como o uso efectivo do logotipo", segundo a Comisión Europea.
Dende a súa creación en 1992, un total de 25.000 artigos e lugares da UE contan coa etiqueta que acredita o respecto polo medio.
O comisario de Medio Ambiente, Janez Potocnik, destacou que as empresas europeas teñen "un papel clave" para facer cambiar os costumes dos consumidores cara a prácticas máis sostibles. Por iso, felicitou nun comunicado ás finalistas e agradeceu "os seus esforzos en favor do medio e pola promoción que fan deste selo de excelencia".
Ademais do albergue rural español, tamén compiten ao galardón na edición deste ano outros doce candidatos: Adria Hotel Praga (República Checa), Alpheios International (Países Baixos), Arjowiggins Graphic (Francia), Bona AB (Suecia), Delhaize (Bélxica), Jardim Atlantico (Portugal - Madeira), Novoceram sas (Francia), Sara Le Corp - Sanex (Países Baixos), Solus (Irlanda), Sutter Industries SpA (Italia), UPM-Kymmene Corporation (Finlandia) e ZX FAMI Ltd (Chipre).
O 'Eurolabel' é o único selo ambiental paneuropeo e pretende fomentar a produción e o consumo de produtos e servizos ecolóxicos en toda a UE. Identifícao un logotipo en forma de flor e lévano produtos de limpeza, aparatos electrónicos, artigos de papelaría, téxtil, produtos de xardinaría e do fogar e lubricantes, ademais de aloxamentos turísticos.

BRUXELAS, 18 Oct. (EUROPA PRESS) -

09 outubro 2010

ESTACIA DE FADEMGA


Os próximos días 8, 9, 10, 11 e 12de outubro van estar disfrutando das instalacións de Alvarella e das súas actividades os chicos e chicas de FADEMGA.! Que o pasedes ben ¡

06 outubro 2010

VII Seminario de Equipamentos de Educación Ambiental


4 Outubro, 2010 - 14:42Desde o día 6 ata o 8 de outubro de 2010 terá lugar no Castelo de Santa Cruz o VII Seminario de Equipamentos de Educación Ambiental organizado polo Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), dependente do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, e o CEIDA. No encontro participarán 30 profesionais adicados á xestión de centros de educación ambiental e equipamentos pertentences ás distintas Comunidades Autónomas.
Alvarella participa neste seminario contando a suas experiencias.