19 novembro 2009

POLÍTICA MEDIO AMBIENTAL


VI XORNADAS DA SGEA


Imos participar nas VI Xornadas da SGEA que se van celebrar en Pontevedra

A nosa participación está prevista para o sábado 28 de novembro, as 9:30 da mañá na mesa redonda denominada : "Creando coa natureza: da artesanía ao land art como recursos educativos"

14 novembro 2009

V FEIRAVIVA


Alvarella vai participar na V FEIRAVIVA de O Porriño a celebrarse os próximos días 14 e 15 de novembro. Este encontro é un escaparate de productos ecolóxicos e naturais.

07 novembro 2009

Estancia do Colexio Labarta Pose de Baio-Zas


Os próximos días 11, 12 e 13 de Novembro van estar facendo una convivencia e mais actividades c@s nos@s monitor@s @s nen@s do colexio Labarta Pose de Baio-Zas.

Que o pasedes ben¡¡.

09 outubro 2009

ESTACIA DE FADEMGA


Os próximos días 9, 10 11 e 12 van estar disfrutando das instalacións de Alvarella e das súas actividades os chicos e chicas de FADEMGA.! Que o pasen ben¡

25 junho 2009

PRESENTACION DA ECOETIQUETA AOS MEDIOS


Ana Villaverde, Daniel Beiras e Loli Rodriguez no acto da presentación

NOTA DE PRENSA


O pasado martes 23 de Xuño, ás 12 da mañá, tivo lugar o acto de presentación do Otorgamento da Ecoetiqueta Europea, Etiqueta Ecolóxica Comunitaria á Entidade Alvarella Ecoturismo S.L., correspondente á categoría de servicios de aloxamento turístico. É a primeira Etiqueta Ecolóxica que se concede en Galicia a un aloxamento turístico e a primeira que se concede en España a un albergue turístico
Asistiron ao acto, ademais dos xerentes, equipo directivo e arquitectos, un representante da Secretaría Xeral para o Turismo Santiago Bacariza, Xefe de Area de Turgalicia e polo Instituto Enexético de Galicia Antonio Dorado Asimesmo diferentes personalidades do ámbito universitario, da Educación Ambiental e do Turismo.

Polo Equipamento de Alvarella, para facer actividades de Educación Ambiental e para a Sostibilidade sobre o Bosque, a Enerxía, Residuos, Consumo Responsable,... pasan mais de 3.000 persoas ao ano procedentes entre outros, de Centros Educativos públicos e privados de Galicia, Concellos, turismo en xeral etc.
Está rexistrada como Entidade de Educación Ambiental na Sección 1, folio 81 no Rexistro Xeral de Entidades e Centros de Educación Ambiental de Galicia. Consellería de Medioambiente. 11 Xaneiro 006.
Rexistrada o 20 de Maio de 2003 no rexistro de instalacións xuvenís da Comunidade Autónoma de Galicia, adscrito á Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, con nº rexistro 15-GE-02
Recoñecida polo CENEAM como Equipamento de Educación Ambiental. Ministerio de Medioambiente. 2006
Ademais Alvarela foi o 3º Premio Galicia á Pequena e Mediana Empresa Sostible 2008, concedido pola Consellería de Medioambiente.

19 junho 2009

QUE É ALVARELLA?


1.- PRESENTACIÓN
ALVARELLA ECOTURISMO S.L. é a empresa que xestiona un albergue turístico rural “ALVARELLA”, que dispón de 68 prazas, sito a 5 Km de Pontedeume, no concello de Vilarmaior (A Coruña), nas cercanías do Parque Natural das Fragas do Eume..
Dito albergue é un Equipamento de Educación Ambiental recoñecido polo Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM)-Ministerio de Medioambiente, Aula de Natureza e Entidadade de Educación Ambiental (Xunta de Galicia). Durante todo o ano, acoden grupos procedentes de Centros Educativos, Concellos, Asociacións e turismo rural convencional.
Desenvolvemos actividades de Educación Ambiental, que versan sobre catro grandes temas: O Bosque (Fragas do Eume), a Auga, a Enerxía e o Patrimonio Cultural.
Dispoñemos dun edificio deseñado con criterios de Bioconstrucción e Bioclimático, onde se pretende “vivir” a Educación Ambiental participando dun uso racional da auga e da enerxía e implicar así a todo tipo de colectivos que pasan por Alvarella nun Proxecto de Desenvolvemento Sostible.
Recentemente fomos galardonados co 3ª Premio Galicia 2008 “ás PEMES galegas sostibles” que concede a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e no mes de marzo deste ano foinos outorgada a Etiqueta Ecolóxica Europea

2.- INSTALACIÓNS
A instalación consta de dúas partes: unha casa de estilo racionalista proxectada a principios dos anos 40 polo arquitecto coruñés Antonio Tenreiro, que mantivo a súa estrutura inalterada durante a restauración posterior, xunto a ela conservouse un alpendre e un hórreo, tamén restaurados que forman a parte máis antiga do equipamento. Deseñada polo arquitecto Daniel Beiras García-Sabell coa colaboracion de David Estany da Oficina Galega de Proxectos Arquitectónicos S.L. levántase a nova construción, de planta baixa, en conxunción directa coa paisaxe e dunha maneira lineal, relacionada en perspectiva horizontal coa parte máis antiga.

A finca “Alvarella” , orientada cara ó sur, ten unha superficie aproximada de 50.000 m²., adicada a diversos usos: labradío, prados, hortas e unha parte de bosque, que se está sometendo a un proceso de recuperación da arboreda, eliminando especies foráneas (eucaliptos) e plantando especies caducifolias autóctonas, deste xeito recuperáronse desde 1.997 uns 15.000 m².
En canto ás edificacións vellas as actuacións sobre elas consistiron en reconstruír a cuberta e o interior da casa de pedra, respectando na súa maior parte as divisións existentes. Habilítanse nela catro habitacións dobres con baño, unha sala de estar, un pequeno comedor e unha oficina-recepción. Debido á necesidade de ampliar o número de prazas existentes para a estadía no albergue proxectouse a construción dunha nova edificación, axustándose a criterios con menor impacto ambiental e de integración no entorno, reducción ó mínimo do volume edificado e ser bioclimática e medioambientalmente sostible. Desta forma construíronse dous módulos de seis habitacións cada un, unha cociña e un comedor (utilizado tamén como sala de usos múltiples ou aula). A tipoloxía das novas habitacións é de dormitorios colectivos para pequenos grupos (4 ou 5 persoas) con baño incorporado. Existen tamén zonas comúns de traballo e esparcimento como son: piscina, pista deportiva, zonas verdes, aparcamento, zona de xogos, etc., que completan as instalacións.
As propias edificacións serven de exemplo de instalacións sostibles, demostración de diferentes solucións repectuosas coa Natureza. E xa no ano 2007 o Colexio de Arquitectos de Galicia na celebración do Día Mundial da Arquictectura que abogaba por edificios de “emisión cero” simbolizou o proxecto de Alvarella como como edificio modelo.
Pretendemos que o propio equipamento servira en si mesmo como modelo e recurso para determinadas actividades, un “pequeno centro interpretativo” sobre a integración harmónica no medio, a orientación , as enerxías renovables e xestión enerxética, a xestión das augas e residuos, ou uso de materiais para unha construcción bioclimática, etc
Alvarella dispón, polo tanto, dunhas instalacións deseñadas ó servicio da Educación Ambiental e deste modo o equipamento deséñase cun enfoque medioambiental co propósito de alcanzar unha construcción de características
biosostibles, moi próximo ós parámetros establecidos polo método francés ACM (Haute Qualité Environnementale) :
v Relación harmoniosa do edificio co seu entorno, planta baixa con un escaso impacto visual e orientado ó sur co ánimo de aproveitar a arquitectura solar pasiva
v Ocos acristalados cara a fachada sur, teitos ventilados e pérgola cuberta de caducifolias para regular a temperatura e insolación no interior.
v Muros de termoarxila e dobre pel de madeiras do país tratadas e cal hidráulica (fachada sur).
v Uso de pinturas minerais e conservación das madeiras mediante “lasur” (resinas acrílicas sobre base acuosas).
v Pavimentos de linóleo.
v Griferías economizadoras de auga e enerxía.
v Tuberías de distribución de auga de polipropileno.
v Instalación solar térmica para o quentamento de auga para uso sanitario e apoio á calefacción por chan radiante.
v Instalación eólica-fotovoltaica (4kv) para cubrir parte do consumo eléctrico.
v Canalización e tratamento diferenciado de augas grises e negras.
v Depuradora aerobia de oxidación total para a reciclaxe de augas negras.
v Recollida selectiva de lixo para a súa reciclaxe no propio albergue, coa compostaxe..
Trátase dunha experiencia imnovadora, pois non existe en Galicia ningún equipamento privado destas características e dimensións. Alvarella non é só un aloxamento, é tamén un centro de aprendizaxe ou de iniciación na cultura ambiental e un centro de prácticas do ecoturismo. Detrás do seu programa funcional hai unha iniciativa claramente intencionada, que é a participación do visitante na conservación e coñeceento do medio, que non queda xa reducido ós aspectos físico-naturais, senón que abrangue tamén aspectos históricos, artísticos, sociais, económicos e técnicos.

15 junho 2009

A ETIQUETA ECOLÓXICA EUROPEA (EEE) PARA ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS

Desde 1992, a Etiqueta Ecolóxica Europea (EEE) distingue aos produtos máis amigables co medio ambiente, o que permite aos consumidores europeos identificar produtos "verdes" certificados oficialmente na Unión Europea, e aos fabricantes mostrar e comunicar aos seus clientes que os seus produtos respectan o medio ambiente. Trátase dunha etiqueta pública, compatible con outros sistemas nacionais de etiquetaxe ecolóxica e que é válida e recoñecida en todos os Estados Membros da Unión Europea, con independencia de cal sexa Estado no que se obtivo. O obxectivo xeral da EEE é promover produtos que poden reducir os efectos ambientais adversos, en comparación con outros produtos da mesma categoría, contribuíndo así a un uso eficaz dos recursos e a un elevado nivel de protección do medio ambiente. A EEE concédese a aqueles produtos (coa excepción de alimentos, bebidas e medicamentos) que teñan unha menor incidencia sobre o medio ambiente, sempre sobre a base duns criterios ecolóxicos establecidos con anterioridade
A ECOETIQUETA EUROPEA PARA ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS
Máis que calquera outro tipo de desenvolvemento, o turismo necesita un medioambiente protexido. O sector do turismo representa o 5% do PIB da Unión Europea e conta con máis de medio millón de aloxamentos turísticos. Desde refuxios de montañas ata grandes cadeas de hoteis, estes aloxamentos son variados pero tanto profesionais do turismo como turistas se mostran cada vez máis sensibles aos impactos negativos que poden causar ao medioambiente.
A miúdo situados en sitios agradables pero fráxiles, os aloxamentos turísticos afectan aos recursos naturais locais de auga e enerxía, e poden alterar seriamente a biodiversidade sen unha boa xestión dos residuos. As cada vez máis numerosas normas, a conciencia crecente sobre os problemas do medioambiente, a necesidade dos profesionais de diferenciar os seus produtos dos da competencia. Todo xoga un papel a favor da eco-etiqueta europea para os servizos de aloxamento turístico. A etiqueta ecolóxica europea é o único signo de calidade ambiental certificado por un organismo independente e avalado en toda Europa, constitúe unha oportunidade única de responder ás expectativas dos seus clientes.
Pór a Ecoetiqueta europea nos produtos significa que posúen as seguintes vantaxes:
v Limitan o consumo enerxético
v Limitan o consumo de auga
v Limitan a produción de residuos
v Favorecen o uso de fontes de enerxía e recursos renovables
v Promoven a comunicación e a educación sobre temas ambientais


CRITERIOS DA ECOETIQUETA

Calquera operador de turismo -desde un gran cadea hostaleira ata unha pequena granxa de agroturismo- poden solicitar a Ecoetiqueta Europea. Pero primeiro deben cumprir estritamente uns mínimos estándar en relación ao medio ambiente e a saúde. Estes deben incluír o uso de fontes de enerxía renovables, unha dismunición do consumo de auga e enerxía, medidas para reducir as augas residuais, unha política ambiental establecida, a existencia de áreas para non fumadores, etc. Conseguir a Ecoetiqueta para os servizos de aloxamento turístico require dun esforzo extra pero tamén proporciona un valor engadido. Axuda a identificar e afrontar as debilidades ecolóxicas e económicas do negocio: á vez que p.ex. redúcese o consumo de auga e de enerxía, obtense un beneficio económico e ecolóxico.

Criterios ecolóxicos obrigatorios

Economía da enerxía
v 22% da electricidade (para consumo xeral e calecfación) procederá de fontes de enerxía reno-vables
v Non utilizar gasoil cuxo contido de xofre > 0,2% nin carbón como fonte de enerxía.
v Rendemento da caldeira > 90% medido conforme á Directiva 92/42/CEE.
v Aire acondicionado cunha eficiencia enerxética de clase B definida na Directiva 2002/31/CE.
v Entre o 60% e o 80% de bombillas de eficiencia A conforme a Directiva 98/11/CEE
v Illamento térmico e acústico das fiestras.
v Saunas cun mando temporizador.

Economía da auga

v Caudal de auga de billas e duchas < 12 L/minuto.
v Non máis de 5 cisternas funcionando á vez.
v Sabas e toallas cambiadas a petición do cliente ou unha ou dúas veces por semana (segundo a categoría do aloxamento).
v Rega de plantas e xardíns despois do atardecer ou antes do mediodía.
v Trataranse todas as augas residuais.
v Aplicarase o plan local de augas residuais.
v Só se utilizarán desinfectantes se é necesario para cumprir os requisitos legais de hixiene.

Xestión

v Sección para non fumadores nas áreas comúns.
v Bo mantemento e revisión do equipamento.
v Elaboración dunha política ambiental e dun plan de actuación detallado para aplicala.
v Formación do persoal para garantir a aplicación das medidas ambientais.
v Información aos clientes sobre a política ambiental, as medidas tomadas e a eco-etiqueta ecolóxica.
v Procedementos de recollida e control de datos (consumo de enerxía, de electricidade, de auga, de produtos químicos e de residuos).

Redución de residuos

v Facilitar a clasificación dos residuos para os clientes.
v Clasificación dos residuos perigosos (enumerados na Decisión 2000/532/CE) polo persoal.
v Residuos clasificados e transportados ao lugar adecuado procurando que sexa o máis próximo posible (se procede).
v Non se utilizarán produtos desechables (xabón, champú, gorros de ducha, cuncas, pratos e cubertos...)

Información aos clientes

v Pechar as fiestras cando a calefacción ou o aire acondicionado estean en funcionamento se non se desconectan automaticamente.
v Apagar as luces antes de abandonar a habitación.
v Instrucións sobre o aforro de auga no cuarto de baño.
v Depositar os residuos na papeleira dos aseos.
v Informar ao persoal se se atopan fugas.
v Información sobre o transporte público local

Texto que deberá aparecer sobre a eco-etiqueta:

v Medidas tomadas para aforrar enerxía e auga
v Medidas tomadas para reducir a cantidade de residuos.
v Mellora xeral do medioambiente.

Criterios Ecolóxicos opcionais (Sistema de Puntos)

Os 37 criterios obrigatorios descritos arriba débense cumprir se se poden aplicar á situación. Outra serie de 47 criterios opcionais foron enumerados cun sistema de puntos. Débese conseguir un resultado mínimo de 16,5 puntos en criterios opcionais sobre un total posible de 77 puntos.
A presente ficha de síntese ten como finalidade fornecer unha información de carácter xeral. Se desexa recibir unha información máis detallada sobre os criterios ou saber con quen contactar no seu país para a obtención da eco-etiqueta, consulte a seguinte páxina Internet:

ttp://europa.eu.int/ecolabel FONTE: http://www.eco-label.com/spanish/

12 junho 2009

PRESENTACION A ECOETIQUETA EUROPEA


O vindeiro martes 23 de Xuño, ás 12 da mañá, terá lugar o acto de presentación do Otorgamento da Ecoetiqueta Europea, Etiqueta Ecolóxica Comunitaria á Entidade Alvarella Ecoturismo S.L., correspondente á categoría de servicios de aloxamento turístico.
Asistirán ó acto, ademais dos xerentes, equipo directivo e arquitectos, representantes da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral para o Turismo, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Consellería de Medioambiente e Instituto Enerxético de Galicia). Asimesmo están convidadas diferentes personalidades do ámbito universitario, da Educación Ambiental e do Turismo.
Dada a importancia do acto (é a primeira Etiqueta Ecolóxica que se concede en Galicia a un aloxamento turístico e a primeira que se concede en España a un albergue turístico), agradecemos que nos confirmedes o antes posible a vosa asistencia como medio de comunicación para a roda de prensa nese acto, así como a persoa de contacto.
Un saúdo.
Alvarella. http://www.alvarella.com/ info@alvarella.com 981-784563 636-395-782 Dolores Rodríguez

27 abril 2009

ECO-CAMPAMENTOS ‘09











O albergue localízase nunha finca de 50.000 metros nas proximiades do Parque Natural das Fragas do Eume, a 5 km de Pontedeume, a 25 km A Coruña e a 20 km de Ferrol. Coas praias de Miño, Perbes e Cabanas a 10 minutos das nosas instalacións

1º QUENDA do 28 xuño ao 4 xullo 25 prazas de 4 a 8 anos. 325 €
2º QUENDA do 6 de xullo ao 15 de xullo 30 prazas de 9 a 13 anos. 450 €


RESERVA anticipada 100 € ate o 15 de xuño

Ven a Alvarella a disfrutar e divertirte respetando a natureza e o medioambiente.
7 a 10 días de campamento con roteiros polas Fragas do Eume, o río Baxoi, obradoiros, xogos, piraguas, praia, piscina,….
Todo nun Equipamento de Educación Ambiental que é aula de natureza polas súas características de bioconstrucción e situado nun magnífico entorno

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

1º QUENDA: ( 28 de xuño ao 4 de xullo, de 4 a 8 anos )

Día 1º: Chegada e xogos de presentación
Día 2º: O día do Consumo
Día 3º: O día dos Residuos
Día 4º: O día dos Alimentos e Granxa
Día 5º: O día do Litoral e Praia
Día 6º: O día do Bosque e Aromáticas e Festival
Día 7º Despedida

1º QUENDA: ( 28 de xuño ao 4 de xullo, de 4 a 8 anos )

Día 1º: Chegada e xogos de presentación
Día 2º: O día do Consumo
Día 3º: O día dos Residuos
Día 4º: O día dos Alimentos e Granxa
Día 5º: O día do Litoral e Praia
Día 6º: O día do Bosque e Aromáticas e Festival
Día 7º Despedida

25 março 2009

O 75% dos concellos suspenden en educación ambiental

Non contan con ningún departamento dedicado a esta área, segundo sinalan dende a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA).
Redacción VIEIROS.COM- 09:25 25/03/2009
Tags: concellos medio seminario SGEA Sociedade Galega de Educación Ambiental

Logo da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA)
A semana pasada a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) desenvolvía un seminario con xornalistas, para analizar o tratamento de informacións relacionadas co medio e o desenvolvemento sustentábel nos seus medios. Neste concluíuse que, en xeral, as radios, televisións, medios electrónicos e xornais do noso país danlle as costas ao medio.Pois agora sabemos que algo parecido acontece nos concellos, xa que, segundo a SGEA, o 75% das administracións locais de Galiza que participaron nun seu estudo, carecen dun departamento ou área dedicada á Educación Ambiental, mentres que o 51,9% non conta co persoal técnico dedicado a este tema. Estes datos coñecéronse nun seminario de traballo que se desenvolveu no Centro de Extensión Universitaria, Información e Documentación Ambiental (CEIDA), en Oleiros, coa participación dos e das técnicas municipais con competencias en medio ambiente e Educación Ambiental. A información despréndese dun traballo desenvolvido pola SGEA hai cousa de dous anos, no que se debullou a necesidade de artellar espazos nos que compartir experiencias e recursos para dar resposta ás necesidades identificadas e poder, ao mesmo tempo, contribuír á formación dos técnicos ambientais dos concellos.Segundo a SGEA, as administracións municipais están chamadas a xogar un papel fundamental, non só como promotores ou xestores de propostas educativo-ambientais dirixidas ao conxunto da súa poboación, senón tamén como axencias educativas destinatarias desas accións e favorecedoras directas da implicación e participación da cidadanía nas súas políticas ambientais, mais hoxe en día, cando asistimos a un incremento da demanda deste tipo de actividades por parte da cidadanía. Porén, e a pesar dos déficits que se constataron, a cantidade de actividades desenvolvidas neste tempo polos concellos é "considerabelmente elevada", segundo a SGEA, que destaca as campañas de información, os roteiros didácticos en contornas naturais e as conferencias e charlas de temáticas ambientais.

17 março 2009

chefs sin enchufe



La cocina 'unplugged' del siglo XXI
17.03.2009 Los hosteleros gallegos se apuntan con fuerza a la energía solar para hornos y agua caliente ·· El Centro de Divulgación Ambiental de Galicia enseña "aforro enerxético e loita contra o cambio climático" ·· Hoteles e instalaciones deportivas: los más ecológicos

PATRICIA HERMIDA .EL CORREO GALLEGO• VILARMAIOR (A CORUÑA)
¿En qué podemos emplear las soleadas tardes de esta temporada? En convertirnos en chefs ecológicos. Desenchufemos las cocinas y regresemos a los orígenes. Porque las bacanales romanas y los banquetes feudales sólo necesitaban fuego y kilos de carne. Y porque la energía solar se implanta con fuerza entre los hosteleros gallegos. Hasta tal punto que el Centro de Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) forma a los empresarios del sector "en aforro enerxético e loita contra o cambio climático".
Un auténtico santuario de las renovables como Alvarella, albergue ecológico de Vilarmaior, señaló ayer los pasos para un turismo de menor impacto ambiental. "Porque a defensa do patrimonio atrae ós turistas e xera riqueza", indica Carlos Vales, director del Ceida. Y la hostelería gallega, que consume el 30% de la energía en el sector servicios, ya se pone las pilas. Sobre todo en un sur más soleado. El director de la Axencia de Enerxía de Vigo, Bernardo Parajó, relata que "en Sanxenxo establecementos hosteleros combinan paneis solares e a enerxía xeotérmica".
Al festival de las placas solares se apuntan en primer lugar los hoteles, "para ter auga quente, xa que en inverno non hai enerxía suficiente para a cale­facción". Aunque como principales abonados a las renovables destacan los pabellones deportivos o piscinas. Pero el turismo puede alcanzar el ahorro por otros pasos. Los treinta hosteleros llegados de toda Galicia conocieron en Alvarella los cuatro mandamientos del horizonte verde, nombrados por Carlos Vales. "Lámpadas de baixo consumo, enerxía solar, reciclar refugallos e control da auga a través de cisternas e dosificadores de billas", relata el director del Ceida como auténticas medidas-anticrisis en cualquier restaurante. Fuera prejuicios. Un cocinero tan mediático como Sergi Arola guisó huevos fritos y atún en salsa para todos, sobre placas solares de Almería. Y Galicia también puede cocinar a pleno sol. El director de Alvarella, Jorge Gude, horneó galletitas en dos horas y preparó café en 20 minutos. Y sin un solo enchufe.

. phermida@elcorreogallego.es

POR LA SENDA VERDE
Hasta la novedad del sector geotérmico
Ejemplar diseño de bioconstrucción, Alvarella recibe su nombre del topónimo "lugar soleado". Los paneles solares climatizan el agua de la piscina. Y en el futuro se aplicará la energía geotérmica para calefacción en la casa de turismo rural. La apuesta por las renovables merece la pena económicamente: "Con baixos prezos e subvencións logras un aforro a longo prazo" .
Desde eólicos para iluminación nocturna
Un albergue como Alvarella, con campamentos de verano ecológicos y bilingües, sirve de modelo renovable para la hostelería. Cuenta con grifería diseñada para ahorro de agua, lámparas de bajo consumo, placas solares para la cocina, instalaciones eólicas para la iluminación nocturna, gestión de biomasa... Incluso la orientación de las casas aporta calor constante, en pleno marzo.
EL ESPECIALISTA
Bernardo Parajó Director de la Axencia de Enerxía de Vigo
"A biomasa xa triunfa no turismo rural"
- ¿As renovables triunfan na hostelería galega?
- E cada vez con máis forza, sobre todo nos hoteis con enerxía solar para auga quente. Temos o exemplo de Vigo como única cidade galega con ordenanza solar. Tamén se empregan a eólica e a hidráulica, a xeotérmica para refrixeración con bombas de calor en grandes establecimentos. E a biomasa se está usando moito na hostelería rural para a producción de calor.
- ¿E axudan ó aforro nestes tempos de crise?
- A hostelería favorece a implantación de fontes renovables porque produce un aforro económico interesante. Ante o esgotamento das enerxías fósiles e as axudas públicas para a implantación das renovables, o emprego dos paneis solares ou da biomasa contan cunha amortización moi razonable

17 fevereiro 2009

ACABAMOS DE RECIBIR O CERTIFICADO "ABERTOS AO GALGO"


Que é o certificado Abertos ao Galego?
Abertos ao Galego é un certificado que se concede, en diferentes niveis, ás empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego.

Cal é a validez do certificado Abertos ao Galego?
O certificado concédese cunha validez anual. Ao longo deste tempo, avaliarase de novo o cumprimento das condicións para ver en cal dos catros graos do certificado se encontra a entidade que o ostenta.
Abertos ao Galego é compatíbel con outros certificados públicos agora mesmo xa existentes, por exemplo para o sector comercial.

Quen se encarga do seguimento e avaliación?
A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, con máis de vinte anos de historia ininterrompida, é a responsábel do seguimento, promoción e avaliación do certificado. Ademais, A Mesa conta co apoio da Consellaría de Innovación e Industria do Goberno galego.

Cales son as vantaxes das empresas ou asociacións que conten co certificado Abertos ao Galego?
- Unha moi importante difusión publicitaria:
a. Figurarán no catálogo en papel (editado anualmente), que se distribuirá masivamente por toda Galiza.
b. Figurarán no catálogo web (actualizado permanentemente na páxina http://www.amesanl.org/).
c. Poderán participar nos actos comarcais e nacionais que se realizarán cada ano para as entidades que ostenten o certificado e que terán difusión mediática.
- Poderán acceder a descontos publicitarios en medios de comunicación que colaboraren co proxecto.
- Poderán utilizar o distintivo do certificado alí onde o consideraren oportuno (A Mesa entregará os distintivos correspondentes).
- Conseguirán un impulso ao uso da lingua que nos une como galegos e como galegas, participando dunha ampla rede social.

Cales son os diferentes niveis do certificado?

NIVEL UN
Adoptaron e están a desenvolver medidas para a normalización do galego. No caso das empresas, estabelecerase como mínimo para este nivel o uso non deturpado da toponimia.
No caso das organizacións, o estabelecemento de medidas para o uso do galego será suficiente para este nivel, malia que tales medidas aínda non se concretasen.

NIVEL DOUS
Empresas e entidades que ofrecen toda a súa información exterior en galego.
No caso de facer uso tamén doutros idiomas, o galego será a lingua de opción positiva e que apareza salientada ou en primeiro lugar.

NIVEL TRES
Ofrecen toda a información exterior en galego e, ademais, utilízano como lingua interna de traballo: nóminas, xestións administrativas, contabilidade etc.

NIVEL CATRO
Ademais de realizaren un uso sistemático do galego tanto interna como externamente, solicitan a información e a documentación en galego a provedores e administracións.
Son entidades e empresas que dinamizan de xeito especial o uso e a extensión social do galego.




Cales son as cotas para poder ostentar o certificado?

A base é de 30 € / ano, ao que se acrecentarán 3 € / ano por cada traballador ou traballadora.

As empresas ou entidades con varias sedes ou locais contabilizaranse de xeito diferenciado segundo cada un dos enderezos, xa que nas guías tamén aparecerán separadamente.


Cal é o destino do diñeiro recadado nas cotas?

Todas as cotas recadadas irán destinadas integramente á xestión e ao desenvolvemento do propio proxecto do certificado (edición de folletos, catálogos, mantemento da páxina web etc) e ao obxectivo de promover a extensión do uso do galego no ámbito socioeconómico.

30 janeiro 2009

TEXTO LEIDO POR ANA VILLAVERDE NA RECOLLIDA DO PREMIO


Cando alguén me pregunta que é Alvarella, adoito contar que hai tempo, había unha finca de uso agrícola e forestal no lugar de Vilarmaior-A Coruña, coa que a poboacion local tiña unha relación especial, de maneira que Alvarella era un pouco de todos.
Pasaron os anos,Alvarella foi mermando no seu uso e os seus herdeiros quixeron facer, ó abrigo dos recordos, un lugar que poidera disfrutar moita xente e que dera testemuña de que o uso dun espazo non ten porque degradalo.
Puxéronse mans a obra: traballáronse criterios de bioconstrucción e bioclimática no albergue, apostouse por unha instalación solar-térmica para ser o menos dependentes posible doutras enerxías mais contaminantes, planificouse a recollida selectiva dos residuos, instalouse o aeroxenerador, as placas fotovoltaicas e coidouse a contaminación lumínica cun sistema de farolas cubertas. A estas alturas a espiral da coherencia nos tiña atrapados. Chegoulle entón o turno ó proxecto educativo, amalgama de recursos, pero tamen de intencións e de maneiras de facer.
Ben, aqui estamos, van alá 8 anos que Alvarella botou a andar como un proxecto que gostaba de achegar, ensinar e preservar o noso patrimonio natural e cultural.
Foron necesarias moitas doses de coherencia, esforzo e entusiasmo, e foron tamén moitas e moi distintas as mans que lle deron forma para convertir un proxecto de traballo no que hoxe é, para cada un de nós, UN PROXECTO DE VIDA.
Dende Alvarella queremos agradecer á Consellería de M. A. e D. S. este premio que ,lonxe de pechar un proceso ,nos anima a seguir traballando por un cambio de actitudes, que fagan do mundo un sitio habitable para as xeración vindeiras.
Agradecemos tamén, a tódalas persoas que ocuparon un oco neste tempo, por pequeno que fora, e que souberon sumar emocións a este proxecto.
A todos os que nalgún momento formaron parte do equipo Alvarella, cimentando o traballo dos que agora estamos e dos que están por chegar.
As familias, que cada ano se despiden prometendo voltar, ainda que non sempre sexa posible. Ós cativos e non tan cativos que a milleiros nos visitan e que nos cargan de enerxía coa súa curiosidade. Ós docentes, que a pesar das dificultades fan o esforzo de traballar o antes, o durante e o despóis con nos. E sobre todo a aqueles que cada ano nos renovan a súa confianza, compartindo con nós os ingredientes desta pócima de esperanza e futuro, argallando con palabras agasallos coma este, que hoxe queremos compartir con vós:

Marchamos por catro días

pero mesmo parecera

que, vendo as nosas maletas,

marchamos a vida enteira

Alvarella está a agardar
alí a nosa presenza
e algúns teranse que armar,
unha vez máis de paciencia

Achegados ate o entorno
presentarnos o primeiro,
xa na seguinte parada
o mosteiro de Caaveiro.

Vemos fentos case únicos
e unha fonte que anima
a valorar a riqueza
que xenera este microclima

Abelairas, rascacús,
moitos carballos, salgueiros,
auga abondosa no rio
pra beber os ameneiros.

Ponte colgante no rio,
compre cruzar a outra beira
por ver restos de curripas:
almacén da castañeira.

De novo para o autobús,
o Eume vemos marchar
e busca a pouca distancia
bicar e abrazar o mar.

E xa, por fin, Alvarella.
¡A brincar o corazón!
Xa sabemos en que casa
temos habitación.

Duchas. Cea. Nerviosismo.
Ninguén de nós ten parada,
e disfrutamos con xogos
nunha primeira velada.

Outro obradoiro agarda
nesta fermosa paisaxe,
reciclaxe de residuos
e o consumo responsable.

Outro almorzo moi, moi rico.
Saimos todos contentos,
en dous grupos diferentes,
a facer os papaventos.

E xa nos dí o día 9
que é tempo de recordar
que esta experiencia vivida
vaise ter que rematar

Sentimos este momento
con sensación diferente,
é seguro que, para sempre,
Alvarella estará presente.

Tan só pasou media hora
e rematou o camiño,
retornamos á rutina
con mil mostras de cariño

Non está todo o vivido,
máis o que está sucedeu.
Como testemuña asino:
Ricardo Seixo, son eu.

( un profesor de 6º curso do colexio Isaac Diaz Pardo)
GRACIAS

28 janeiro 2009

Alvarella logra o galardón á ‘peme’ máis sostible


MEDIO AMBIENTE RECOÑÉCEA CO TERCEIRO PREMIO

25.01.2009 Situado a só un paso das Fragas do Eume, erguido sobre un socalco e oculto baixo as árbores, o albergue preséntase como o mellor observatorio da natureza. Concibido como un centro de aprendizaxe ambiental, Alvarella incorpora solucións construtivas bioclimáticas nos que divulga actividades para coñecer un pouco máis o noso medio

REBECA FERNÁNDEZ
Publicado en Galicia Hoxe

A un só paso do Parque Natural das Fragas do Eume, erguido sobre un socalco, e oculto baixo as árbores, o albergue Alvarella convértese no mellor observatorio da natureza. Concibido como un aloxamento ambiental construído con materiais bioclimáticos, a súa actividade céntrase na divulgación de actividades de educación relacionadas co Parque Natural, o patrimonio histórico eumés, as enerxías renovables, o litoral Atlántico ou a reciclaxe a través de actividades naturais como rutas de sendeirismo, descenso en piragua ou cursos de agricultura ecolóxica. Un labor que acaba de ser recoñecido pola Consellería de Medio Ambiente co terceiro premio á Pequena e Mediana Empresa Sostible, cuxo máximo galardón foi parar nesta edición á empresa Obras Civiles del Atlántico SLU.
Esta preocupación polo medio pálpase dende a propia concepción das instalacións: un edificio bioclimático rodeado por 50.000 metros cadrados de parcela. O albergue, destinado para os máis pequenos, conta con 12 cuartos de 2-5 prazas e persegue os principios da sustentabilidade, polo que emprega materiais naturais e de procedencia local, renovables, reutilizables e reciclables para para reducir o impacto sobre o medio natural. Ademais, á hora de poñelo en pé tívose en conta a morfoloxía do lugar, integrándoo harmónicamente no medio e orientándoo cara ó sur para aproveitar mellor a luz e a calor, co obxectivo final de lograr a eficiencia enerxética. Dentro desta concepción biosustentable, o centro contra cun programa de tratamento dos residuos, ademais de xestionar racionalmente auga e luz.
Enerxía, auga, residuos, consumo e alimentación, bioconstrución, patrimonio cultural, bosque, litoral, agricultura ecolóxica, plantas aromáticas e solo son as oito áreas nas que se de-senvolven actividades e obradoiros cos que concienciar ós máis pequenos da necesidade de asumir posturas respectuosas co medio e desenvolver hábitos de conduta que axuden a minimizar a presión contaminante. Iniciativas que se complementan cunha serie de actividades ó aire libre como rutas de sendeirismo e en bici, xogos tradicionais, ou a exploración das Fragas. Unha oferta completa da que se pode gozar todos os días do ano nunhas instalacións en perfecta harmonía coa contorna
Publicado en Galicia Hoxe 25-01-09
A nosa empresa ven de recibir o 3º premio "PREMIOS GALICIA Á PEQUENA E MEDIANA EMPRESA SOSTIBLE 2008" Concedido pola Conselleria de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.