27 fevereiro 2010

ENTRAGA DO PREMIO EUROPEO- SECCIÓN GALEGA


TEXTO LEIDO POR LOLI RODRIGUEZ NA ENTREGA DO DIPLOMA POR PARTE DO CONSELLEIRO AGUSTIN HERNANDEZ



Grazas polo premio.



Para a nosa empresa, que é unha “microempresa” ,adicada a actividades como son o turismo no medio rural e a educación ambiental supón unha enorme satisfacción recibir este galardón.


O proxecto que representa Alvarella, nacido vai facer nove anos, pretendeu ser xa dende o principio innovador e un punto de referencia.


Recuperamos e puxemos en valor o que fora unha explotación agraria en desuso para poñer en marcha un albergue turístico e un equipamento de educación ambiental con destino para dous usos complementarios:


1.- para os usuarios do turismo rural tradicional

2.- para actividades de educación ambiental non formal destinada ao publico en xeral e en especial ao publico xuvenil e estudantil.


O gran recurso co que contamos na comarca do Eume é o Parque Natural das Fragas do Eume.


No inicio do proxecto, no que foi obra nova, xa establecimos que nos deberiamos axustar o máximo posible aos parámetros dunha construción sostible. De feito a nova construción é en si, tamén, un recurso didáctico par as actividade de EA, o que nos chamamos EDIFICIO DIDÁCTICO.


Tamén dende o orixe apostamos polo uso de enerxías renovables, que logo fomos ampliando: primeiramente unha instalación solar térmica, mais tarde unha pequena instalación fotovoltaica e un aeroxenerador de 3kv e ultimamente unha caldeirade biomasa.

Estas accións xunta co permanente control sobre a eficiencia no consumo de recursos enerxético permitiunos deixar de emitir anualmenta a atmosfera 9 tn de co2.



Tampouco descoidamos a acción social. Buscamos emprego fundamentalmente na comarca, fomentamos a formación dos nosos empregados, e apostamos decididamente polo emprego estable.Consumimos, sempre que podemos, produtos locais e da nosa horta. En definitiva queremos ser unha pequena peza que quere axudar a valorizar o noso mundo rural, a súa economía e o seu rico patrimonio natural, cultural e lingüistico.


Pero somos unha empresa, e cada ano temos que observar a conta de resultados entón temos que estar constantemente deseñando novas actividades, buscando novos mercados e neste sentido os respaldos das Administracións , os recoñecementos,como este, e os apoios as nosas propostas son nos moi útiles. En concreto, a aposta por fomentar as actividades de EA e os investimentos para a posta en valor dos recursos naturais do noso pais,en particular, os PN, significa para as nosas actividades un gran reforzo.



Unha vez mais grazas.



Loli Rodríguez


Administradora de Alvarella

PREMIO EUROPEO PARA ALVARELLA


A Conselleía de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ven de conceder o premio á nosa empresa na categoria de PRODUTO E/OU SERVIZO PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE dentro da sección galega dos Premios Europeos de Medio Ambiente na edición 2009-2010.
Estes premios son convocados pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea e teñen como ouxetivo recoñecer publicamente aquelas organizacións que coa súa actuación contribúan ao cumprimento dos principios do desenvolvemento sostible.