28 novembro 2008

XXXIII Asemblea Xeral de ADEGA: comprometid@s coa Terra!




Os vindeiros días 28 e 29 de novembro (sábado e domingo) celebraremos a nosa XXXIII Asemblea Xeral Ordinaria. Este ano a asemblea celebrarase en Trasancos, nas instalacións do Albergue Alvarella (http://www.alvarella.com/llegar.htm). Ao longo desta asemblea repasaremos as principais actividades das vogalías temáticas durante a última xeira, daremos conta do traballo feito nas delegacións e concordaremos as liñas de actuación para o vindeiro ano. Asemade e segundo o establecido nos nosos estatutos, cómpre elixir unha nova Xunta Directiva. Asiste, patricipa, debate... Ti fas ADEGA!


PROGRAMA:
Sábado 29 (Albergue Alvarella):
10:00 h: Recepción dos/as socios/as.
10:30 h: Conferenza inaugural. Prof. Xoán Ramón Vidal-Romaní, Director do Instituto Universitario de Xeoloxía e socio de ADEGA.
12:00 h: Descanso e pausa para café.
12:30 h: Asemblea Xeral. Informes da Xunta Directiva, vogalías e delegacións.
14:00 h: Xantar.
17:00 h: Continuación da Asemblea Xeral. Propostas para a vindeira xeira.
20:00 h: Remate.
21:30 h: Cea de confraternización con actuacións lúdico-festivas, maxia, etc.
Domingo 30 (Albergue Alvarella):
12:00 h: Elección da nova Xunta Directiva Xeral. Debate das Propostas de resolución.
14:00 h: Peche da Asemblea. Posibilidade de facer un roteiro ás Fragas do Eume

17 julho 2008

Lecciones en el 'river' Eume


Cien niños hablan inglés todo el día en un campamento de inmersión lingüística
LORENA BUSTABAD - Vilarmaior - 17/07/2008
"¿Cómo se dice que yo no like [gustar] la soup [sopa, en inglés]?" Como una ametralladora lingüística, medio centenar de escolares gallegos disparan al aire cien preguntas como ésta todos los días y a todas horas mientras rebuscan entre las lecciones del curso una fórmula para comunicarse en la lengua de Shakespeare. "Speak english, please" repiten insistentemente las cuatro monitoras con acento norteamericano. Todo se hace y se dice en inglés. Podría ser un pequeño pueblo de la verde Irlanda pero ocurre en un albergue ecológico del Eume, en el municipio coruñés de Vilarmaior.
Desde finales de junio, 100 alumnos de sexto curso de Primaria de distintos centros de toda Galicia participan en Alvarella en el primer campamento de inmersión lingüística de la Xunta para escolares de 12 años que financia la Consellería de Educación con un requisito indispensable: un aprobado en inglés. Una experiencia "innovadora y pionera", en palabras del presidente Emilio Pérez Touriño, para superar una "materia históricamente" pendiente en Galicia como el aprendizaje de un idioma extranjero. "Welcome Míster Emilio P.T." rezaba un cartel infantil pintado para la visita institucional del jefe del gobierno autonómico este mes al primer campamento bilingüe de la comunidad para alumnos de Primaria.
Touriño se remangó la camisa para jugar con Xiana, Paulina y otros 44 chavales al kickball, una variante del béisbol americano donde se batea la pelota con el pie, y tomó el café con pastas que los escolares cocinaron en un horno solar para la ocasión. El campamento de Alvarella, construido en 2001 con materiales reciclables y criterios bioclimáticos, aparece a los pies del parque natural de las Fragas del Eume como una burbuja idiomática y ecológica.
Belén Angueira, responsable del programa, pone mucho celo en "evitar la contaminación lingüística" tratando de aislar a los escolares de sus lenguas vernáculas -gallego y castellano- durante 15 días para que se arranquen en inglés y se empapen en valores ambientales. "Cambiamos los manuales de gramática por juegos y situaciones donde los niños tienen que expresarse en inglés", señala Angueira, gerente de Saint James Institute. Opina que la enseñanza del inglés "falla en España porque se basa en un método encorsetado" de ejercicios escritos alejado de la práctica oral que requiere el aprendizaje de un idioma.
Repartidos en tres grupos: Iowa, Oregon y Wisconsin (lugares de procendencia de sus monitoras), los alumnos tienen planificada la jornada con actividades lúdicas y didácticas sin clases teóricas que incluye talleres de cocina, juegos de orientación en la naturaleza, rutas por el Eume y una visita anglófona al castillo de Andrade que, según las monitoras, permiten ampliar el vocabulario. Juegan al Monopoly de Londres y compran en libras esterlinas las avenidas de Park Lane y Mayfair. "Europa lleva años recomendando al gobierno español que emplee un método comunicativo" insiste Angueira, "estos alumnos tienen más horas de inglés encima que las generaciones anteriores, pero no están familiarizados con los sonidos. Aplicando un baremo oral entre los 3 y los 12 años podemos conseguir que casi sean bilingües". Es la primera vez que la Administración gallega se atreve con escolares de Primaria aplicando la inmersión lingüística dentro de la propia comunidad, copiando un método que los anglosajones llevan años promocionando para captar escolares cada verano.
El primer turno se despidió a principios de mes y otros 54 alumnos exprimirán hasta el sábado el idioma en el campamento eumés. 200 escolares más viajarán en agosto a Carrión de los Condes (Palencia) para participar en otro programa de inmersión en colaboración con el Ministerio de Educación. En total, 2.800 alumnos gallegos de Primaria (300), ESO o Bachillerato recibieron este verano una beca de la Xunta para viajar a Reino Unido (1.400), Canadá (500), Irlanda (300) o Francia (300) y aprender idiomas.

© Diario EL PAÍS S.L. -

02 julho 2008

O PRESIDENTE TOURIÑO E A CONSELLEIRA LAURA SANCHEZ PIÑÓN VISITAN ALVARELLA


O pasado luns 30 o Presidente da Xunta D. Emilio Pérez Touriño e a Conselleira de Educación Dna. Laura Sanchez Piñón visitaron aos nenos e nenas que están facendo en Alvarella o primeiro turno do campamento de inmesión de inglés ao cargo da academia Saint James Institute de Santiago.

Compartiron cos nenos e nenas as súas actividades, os deportes ingleses e degustaón dun pinc-nic cociñado no forno e na cociña solar.

02 junho 2008

!º ENCONTRO SOLAR - ADEGA


Compostela, praza da Quintana.
Martes 3 de xuño de 10 a 18h.
O sol é o principal responsable da vida no planeta: regula o ciclo da auga, orixina os ventos polas diferencias de presión, produce a fotosíntese… é dicer, é a orixe de case todas as fontes de enerxía; hidraúlica, eólica, biomasa, carbón, etc. Nun ano o sol envía á terra catro mil veces a enerxía que consumimos, porén, o seu uso aínda está moi pouco extendido.
O 1º ENCONTRO SOLAR pretende ser un espazo de participación que divulgue entre diferentes ámbitos da cidadanía a aplicación da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na reducción e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamentos preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático.

11 maio 2008

ECOCAMPAMENTOS 08


SOMENTES HAI PRAZAS PARA UN TURNO DO 27 DE XULLO AO 1 DE AGOSTO PARA NENOS E NENAS DE 8 A 12 ANOS.

03 abril 2008

O Parque Natural das Fragas do Eume







As Fragas do Eume é un parque natural galego creado no ano 1997 e que abrangue 9.126 ha nas beiras do río Eume, concretamente nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña.
Está tamén declarado como Lugar de Importancia Comunitaria, coincidindo os seus límites cos do Parque Natural.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, a diferenza doutras rexións totalmente modificadas coas repoboacións feitas con especies foráneas.

Flora
Os bosques de ribeira, dos que as Fragas do Eume son un bo exemplo, son ecosistemas de elevada biodiversidade, particularmente no que respecta á flora. Tradicionalmente foron moi explotados polo home pola riqueza e fertilidade dos solos, e por iso son ecosistemas pouco frecuentes e conservados unicamente en zonas illadas como estas fragas.

Árbores
A árbore con maior presenza no parque natural é o carballo. É o medidor da saúde da fraga: os exemplares máis lonxevos existen nas zonas que sufriron unha menor presión humana (a Fraga do Mosquiteiro ou as fragas que arrodean o río do Dez), e está sendo obxecto de repoboación en zonas fráxiles do parque, onde fora apartado recentemente polo bidueiro.
Tamén ten numerosa presenza no parque o castiñeiro, dominante nalgunhas áreas logo de roubarlle terreo ao carballo grazas a medrar máis rapidamente e prover froitos de consumo humano. O bieiteiro é a terceira das especies maioritarias, e ocupa dous tipos de espazos: áreas tradicionais de bosque de ribeira, e zonas marxinais onde os carballos foron perdendo distribución, e onde medran rapidamente. Nestes espazos están a ser substituídos por carballos por acción conservacionista.
Nas proximidades dos ríos atopamos o ameneiro, que soporta ben as situacións de asolagamento, o salgueiro (con moita menor frecuencia), o freixo e o pradairo. Outras especies arbóreas das fragas son a abeleira, principalmente nas proximidades dos cursos de auga; o cerqueiro, nas zonas altas das fragas de Pena Fesa, Os Cerqueiros (topónimo que reflicte a abundancia desta árbore) e A Marola; o érbedo, o loureiro, e o olmo, frecuente tamén nas proximidades dos ríos, como preto do mosteiro de Caaveiro. Tamén se ten sinalado a presenza do lamigueiro nas fragas, unha especie rara na zona próxima á costa. Finalmente, existe en abundancia o acivro, fundamentalmente como arbusto pero que chega a acadar exemplares de altura e porte, o estripeiro, o abruñeiro, a pereira e a maceira brava, esta última pouco frecuente noutros lugares da provincia da Coruña.

Felgos

Fento (Dryopteris dilatata)
A presenza dunha notable cantidade e variedade de felgos é unha característica destes bosques. Os máis comúns son o Blechnun spicant, a Dryopteris affinis subsp. Affinis, a Dryopteris dilatata, a Dryopteris aemula, o Polypodium interjectum, o Athyrium filix-femina, o Osmunda regalis (ou fento real), o Polystichum setiferum, o Pteridium aquilinum e a Lastraea limbosperma. Tamén se poden atopar especies de gran valor ben pola súa escaseza ou ben por darse lonxe da súa área normal de distribución, coma a Woodwardia radicans, o Asplenium adiantum-nigrum, a Cystopteris diaphana, a Dryopteris guanchica ou a Culcita macrocarpa [3].
Algunhas destas especies están relacionadas cunha antiga vexetación subtropical que poboou as marxes do mar de Tetis na era terciaria. A calor e a humidade permitiron o desenvolvemento dunha exhuberante flora, similar á que na actualidade atopamos no arquipélago novacelandés ou na Florida. Porén, hai dous millóns de anos, os procesos de glaciación nos polos e a desertización nos trópicos foron recurtando a distribución desa flora que, incapaz de adaptarse ós cambios, quedou reducida a zonas pequenas situadas entre os 25º e 40º de latitude: Illas Canarias, Illas Azores e Madeira, e en menor extensión nas serras de Alxeciras en Cádiz ou o Parque Natural das Fragas do Eume.

Musgos e liques
No estrato muscinal está presente case a metade da flora briofítica galega (musgos e hepáticas) particularmente importante nas zonas húmidas e sombrizas, con máis de 220 especies diferentes. Entre elas atópanse catro citas únicas para a brioflora española e sete máis considéranse raras dentro da flora ibérica. Destacan a Cololejeunea microscopica e a Lepidozia cupresana.
A flora liquénica garda tamén un notable catálogo de máis de 240 especies, entre as que figuran tres citas novas para a Europa continental e 24 novas para España. Son características dos bosques maduros outras especies menos raras pero moi ligadas a estes ecosistemas: a Lobaria scrobiculata, a Pannaria rubiginosa e a Usnea articulata.

Anfibios
As fragas, polo seu carácter húmido e sombrizo, son un ambiente idóneo para os anfibios. No Eume viven 13 das 15 especies existentes en Galiza. A píntega é moi frecuente xa que as masas forestais caducifolias son o seu biótopo preferido. Tamén están presentes outras especies coma o sapiño comadrón, o sapo común, a ra patilonga (que vive nos regatos afluentes do Eume na conca baixa, coma o Sesín), e a ra vermella, que é posible atopar nos prados da Serra de Sanguiñedo. Nas pozas estacionais atópanse as tres especies de pintafontes, o común, o palmeado e mailo pintafontes verde, pero é especialmente valiosa a saramaganta (Chiglossa lusitanica), endemismo do noroeste ibérico que mantén nas Fragas unha das súas máis nutridas poboacións.

Aves e mamíferos
Entre as aves da fraga destacan as rapaces que se alimentan de micromamíferos, adaptadas a cazar no interior do bosque: o azor, o lagarteiro, o gabián, o bufo pequeno, a curuxa, o moucho común, a avelaiona, o miñato negro, o real e o abelleiro. En espazos máis abertos habita tamén o falcón peregrino, o miñato común e o bufo real. Entre as pequenas insectívoras destacan o piquelo azul, o gabeador común, o ferreiriño abelleiro, o ferreiriño bacachís, o peto real, o peto verde, a estreliña riscada, a estreliña do norte, o picafollas e maila arcea. Nas ribeiras dos cursos de auga do parque destaca o merlo rieiro e o picapeixe.
Entre os mamíferos destacan a londra, a martaraña, a garduña, o gato montés e a xeneta. Abondan tamén os corzos, os xabarís, os cervos, as donicelas e os teixugos. Tamén existen nas zonas máis elevadas e apartadas dos núcleos de poboamento humanos poboacións de lobo.
Invertebrados

Entre os invertebrados destacan algunhas especies como o caracol de Quimper (Elona quimperiana), terrestre e endémico dos bosques atlánticos, a caramecha de río (Belgrandiella rolanie) a lesma (Geomalacus maculosus). No verán, durante o día, é frecuente observar a bolboreta Apatura iris e pola noite a endromis dos salgueiros (Endromis versicolora). Outros coleópteros destacables son o escaravello Carabus galicianus asociado ós cursos de auga rápidos e limpos, e que é tamén un endemismo do noroeste peninsular, e mais o escaravello dourado (Chrysocarabus lateralis), ben distribuído por todo o territorio das fragas, e a vacaloura ou escornabois (Lucanus cervus), cada vez máis escasa nas fragas galegas.

Presenza humana

Dentro dos límites do parque atópanse numerosas pegadas da actividade humana, como os foios para facer carbón vexetal e grandes troncos cortados a rentes do chan. Tamén hai restos de interese histórico e de arquitectura tradicional, como cruceiros, pontes, ermidas.
Pero como mostras da presenza humana no parque destacan os mosteiros medievais de Monfero e Caaveiro.
O mosteiro de San Xoán de Caaveiro estableceuse no ano 934 nas Fragas do Eume para acoller aos numerosos anacoretas que vivían dispersos na zona. Pronto importantes doazóns de San Rosendo e outros nobres engrandecen o seu patrimonio recibindo este a maior parte das terras cultivables existentes á dereita do río Eume e tamén lle conceden a xurisdición sobre vilas e freguesías eximíndoo da autoridade do arcebispado de Santiago de Compostela. O conxunto foi declarado no ano 1975 monumento histórico-artístico pola súa importancia arquitectónica.
Na actualidade é propiedade da Deputación provincial da Coruña, que iniciou no 2003 a restauración para a posta en valor do conxunto.
Destaca como curiosidade a presenza na zona do oso pardo, actualmente extinguido da xeografía galega, e da aguia real case extinta, na época na que se construiu o mosteiro.
As orixes do mosteiro de Monfero remóntanse ao século X, cando se fundou un cenobio ao pé dunha ermida dedicada a San Marcos. Na actualidade excepto a igrexa o resto de dependencias monacais atópase en estado ruinoso, porén estánse levando a cabo medidas para a súa restauración parcial.
A importancia social destes mosteiros basease no feito de que durante moitos anos serviron de eixo vertebrador da vida económica, social e relixiosa da comarca.



Na Galipedia, a wikipedia en galego.

04 março 2008

ALVARELLA: Un paso cara a sustentabilidade





Autores:
Sabela G. Abalo, Jorge Gude, Jose Veiga, Noemí Montoto, Gloria Mena.
Institución ou Entidade:
Educadores Ambientais de ALVARELLA (Entidade de E. A.)
Área transversal:
Educación Ambiental Non Formal.
Resumo do relato:
>> O Proxecto Alvarella comezou combinando unha serie de características que se daban por aquel entonces; a reciente creación do Parque Natural das Fragas do Eume (1998), o Patrimonio cultural Eumés, a Educación Ambiental coa reciente publicación da Estratexia galega de Educación Ambiental ou o turismo rural en auxe. Todo isto tentouse adaptar a un proxecto que tivera cavida coas características da Finca Alvarella e impulsado polo PRODER criouse Alvarella Ecoturismo S.L. en xaneiro do 2000.
Este proxecto tentouse levar a cabo baixo as definicións do DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE que é aquel que satisface as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as capacidades das xeneracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades e do TURISMO SUSTENTABLE tentando xestionar os recursos de xeito que as necesidades económicas e estáticas podan ser satisfeitas mentes se mantén a integridade cultural, os procesos ecolóxicaos esenciais a diversidade biolóxica e os sistemas de vida. Tentando así deixar patentes os tres elementos claves da SUSTENTABILIDADE: económico, medioambiental e social.
Para conseguir que a criación e creación do Proxecto Alvarella cumplira os obxetivos sustentabilidade se usaron tres características: Biosostible, Bioconstrucción e Bioclimático. Explicaremos que fixemos en Alvarella ao respecto de cada termo.
1.-BIOSOSTIBLE: o termo biosostible fai referencia á actitude dos hábitos adquiridos. As construccións biosostibles tentan non esgotar os recursos naturais seguindo os criterios de:
• Buscar a eficiencia enerxética.
• Xestionar a auga e a luz racionalmente.
• Programar o tratamento dos residuos.
Para conseguir esto en Alvarella se tomaron as seguintes medidas:
Uso da enerxía solar térmica.
Uso da enerxía solar fotovoltaica.
Uso da enerxía eólica.
Griferias de baixo consumo.
Lámpadas de baixo consumo.
Electrodomésticos de baixo consumo e bitérmicos.
Tratamento separado das augas grises e negras por lagunaxe e depuración aerobia.
Recollida selectiva de residuos e compostaxe da fracción orgánica.
As medidas anteriores poderianse adoptar en calquera edificio, pois fan referencia á forma do uso dos recursos. En Alvarella se quixo que tamén os materiais de construcción contribuiran ao desenvolvemento sostible a través da bioconstrucción.
2.-BIOCONSTRUCCIÓN: as bioconstruccións empregan materiais reciclables e reutilizables para reducir o impacto sobre o medio seguindo os criterios de:
Priorizar os recursos naturais( madeira, pedra,..).
• Empregar materiais pouco procesados.
• Deseñar para as necesidades dos usuarios.
Con isto o albergue Alvarella tentouse construir coa maior cantidade posible de materias de bioconstrucción como son:
Termoarxila.
Madeira de producción local e co selo FSC.
Tuberías de polipropileno evitando PVC.
Pinturas ecolóxicas e cal hidráulica.
Vernices naturais con base de aceite de liñaza.
Pavimento de linóleo.
Por último, o terceiro termo que se integrou en Alvarella fai que sexa unha construcción bioclimática que se refire á forma física da construcción.
3.-BIOCLIMÁTICA: nas construccións bioclimáticas considéranse a morfoloxía do lugar, o clima e a orientación da zona na que se levanta, baixo os criterios de :
• Integrar armónicamente no medio.
• Orientar ao sur.
• Coñecer o clima da zona.
Esto conseguiuse coas seguintes medidas:
Orientación ao sur.
Pérgola na fachada sur con vegetación caducifolia.
Enerxía solar pasiva.
Con todo isto en Alvarella, tanto os traballadores como os visitantes, poden comprobar que se pode vivir en construccións con estas características gañando en calidade de vida e perxudicando o menos posible o noso contorno.
>> A Educación Ambiental non formal é a base das nosas actividades en Alvarella. Traballamos con diferentes bloques temáticos como a enerxía, a auga, os residuos, o consumo e a alimentación, a bioconstrucción, o patrimonio natural e cultural e o horto ecolóxico. Cada bloque temático ten diferentes actividades co correspondente material didáctico para traballar antes e despois da estancia, pretendendo así avaliar dun xeito más amplo, a pesar das dificultades que presentan a brevedade das estancias e falla de continuidade no tempo. Queremos dende Alvarella que a nosa forma de traballo tamén sirva de ejemplo para acadar sustentabilidade socioambiental a pesar dos obstáculos económicos aos que nos enfrentamos.
Texto da Comunicación:
1.-ANTECEDENTES:
O Proxecto Alvarella comezou combinando unha serie de características que se daban por aquel entonces; a reciente creación do Parque Natural das Fragas do Eume (1998), xunto coa existencia do Patrimonio cultural Eumés, a Educación Ambiental coa reciente publicación da Estratexia galega de Educación Ambiental (2000) ou o turismo rural en auxe. Con todo isto, impulsado polo programa europeo PRODER e coas carácterísticas da finca Alvarella, creouse Alvarella Ecoturismo S.L. en xaneiro do 2000 e se comezaron as actividades en agosto do 2001.
Este proxecto tentouse levar a cabo baixo as definicións do DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE que é aquel que satisface as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as capacidades das xeneracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades e do TURISMO SUSTENTABLE tentando xestionar os recursos de xeito que as necesidades económicas e estáticas podan ser satisfeitas mentres se mantén a integridade cultural, os procesos ecolóxicos esenciais, a diversidade biolóxica e os sistemas de vida. Tentando así deixar patentes os tres elementos claves da SUSTENTABILIDADE: económico, medioambiental e social.
2.-MÉTODO:
Para conseguir que a creación do Proxecto Alvarella cumplira os obxetivos da sustentabilidade se combinaron tres características: Biosostible, Bioconstrucción e Bioclimático. Éstas características aplicadas no noso equipamento serven en sí mesmas como recurso para realizar determinadas actividades de Educación Ambiental. Explicaremos qué fixemos en Alvarella ao respecto de cada termo.
2.1.-BIOSOSTIBLE: o termo biosostible fai referencia á actitude dos hábitos adquiridos. As construccións biosostibles tentan non esgotar os recursos naturais seguindo os criterios de:
Para conseguir isto en Alvarella tomaronse as seguintes medidas:
• Uso da enerxía solar térmica: a través de 50 placas solares térmicas que quentan a auga de uso sanitario, a calefacción a través do chan radiante e a piscina.
ÎAlgúns datos técnicos:
Alvarella conta, xa dende o seu inicio (2001), con 50 paneies solares térmicos (105 metros cuadrados), para quecer auga coa enerxía procedente do sol e acumulala en dous depósitos de 3.000 litros (sanitaria) e 4.000 litros (calefacción para chan radiante). A instalación destinase tamén á climatización da piscina do equipamento. Nestes dous últimos anos, o consumo de gas propano, como apoio á calefacción, auga sanitaria, cociña-forno foi de 27 grupos de 5 bombonas de 35 Kg cada unha , o que supón un gasto anual de 4.725 Kg de propano, aprox. 4.500 euros. Considerando as equivalencias: (1 termia = 1000 Kcal ; 1Kwh = 0,86 termias; 1 Kg de propano = 11,9 termias ) A combustión de 4.725 Kg de propano producen 56.227 termias e o aporte da instalación solar térmica é de 105 m2 · 300 termias/m2 = 31.500 termias. Este dato se corresponde cun 36 % (do total 87.727 termias)das necesidades totais do equipamento.
Se consideramos ese aforro de propano, según a reacción de combustión de dito gas: CH3-CH2-CH3 + 5 O2 Æ 3 CO2 + 4 H2O 1 mol 3 moles Por cada mol de gas que deixamos de queimar , deixamos de emitir á atmósfera 3 moles de dióxido de carbono. Para o noso caso, 31.500 termias procedentes da enerxía solar térmica, equivalen a unha reducción da combustión
>> Algúns datos técnicos:
Enerxía eléctrica consumida exercicio 2005 : 19.988 Kwh Enerxía eléctrica consumida exercicio 2006 : 19.742 Kwh
Outra variable a ter en conta é a ocupación. O gasto enerxético foi case o mesmo nos dous exercicios ; pero debemos ter en conta que o número de persoas foi maior no 2006: Ano 2005-1.648 persoas-135 días Ano 2006-2.940 persoas-190 días
Conscientes da necesidade de aforrar, en enerxía eléctrica gastamos 2.896,67 euros no ano 2005 e 3003,24 euros no 2006, esto supuxo un incremento do 3,7% (a media en cada fogar é unha subida do 5 %) As placas solares fotovoltaicas e o aerogenerador forman un sistema illado no que aproveitamos a corrente eléctrica para o alumeado exterior, a enerxía que non se consume directamente queda almacenada nunhas baterías que permiten a súa utilización posterior.
Considerando 1.200 horas de funcionamento do xerador eólico e 1000 horas as placas fotovoltaicas danos unha producción de enerxía de 4.600 Kw.h cada ano. Como xa comentamos anteriormente, o consumo anual de enerxía eléctrica é cerca de 20.000Kw.h, isto supón un aforro dun 23 %.
Coa nova instalación eólica e fotovoltaica podemos aforrar mais dun 20 % de enerxía eléctrica, e cumplimos o doble obxectivo: contribuímos a disminuír o uso de fontes de enerxía non renovables e favorecemos a divulgación das enerxías renovables no noso “equipamento didáctico”.
Iluminación do equipamento: Aínda que dentro do consumo enerxético total supón unha porcentaxe moi pequena, convén resaltar que resulta moi doado o aforro, pois so consiste en substituír lámpadas incandescentes por outras de baixo consumo. Nas habitacións hai 6 lámpadas incandescentes, porque se acenden e apagan moitas veces en moi pouco tempo, instaladas en aseos, mesiñas de noite, espellos. As dúas da sala de cada habitación e a exterior son de baixo consumo.
Espazos
Lámp. Incandescentes
Lám baixo consumo
Aforro
Habitacións
3 · 12· 60 =2.160 w
3 · 12 · 11 = 396 w
1.764 w
Comedor
10 · 100 = 1.000 w
10 · 20 = 200 w
800 w
Alum. Exterior
20 · 60 = 1.200 w
20 ·11 = 220 w
980 w
Outros:aseos,despen…
4 · 60 = 240 w
4 · 11 = 44 w
196 w
Gasto total en iluminación convencional = 4.600 w Gasto total en iluminación de baixo consumo = 1.184 w
Aforro = 3.740 w que supón un 80 %
>> Algúns datos técnicos:
Nunha caldeira convencional os fumes xerados pola combustión están compostos de dióxido de carbono, nitróxeno, osíxeno e vapor de auga a temperaturas que oscilan entre os 150 e 200ºC, polo que nunca hai condensación. Nunha “caldeira de condensación” os fumes condensan, descargan a calor, e o vapor de auga transfórmase en auga líquida. A temperatura dos fumes desta caldeira nova pode variar de 45 a 80ºC polo que case non se perde calor e esta calor aproveitase para quecer a auga da instalación. No noso caso pasamos dunha temperatura de fumes de 130ºC a 39ºC á máxima potencia. Os datos comparativos:
Caldeira convencional
Caldeira de condensación
Potencia 42 Kw
50 Kw
Caudal gas 3,67 kg/h
3,94 Kg/h
Temperatura fumes 130ºC
39ºC

• Griferias de baixo consumo: todos os grifos de Alvarella son de apertura en frío e cun pequeno freo monomando e un aireador para conseguir unha reducción do consumo de auga do 30 ao 40%.
• Tratamento das augas: as augas residuais sepáranse en grises e negras. As grises, procedentes dos lavabos e duchas, depúranse a través de filtros que fan a función depuradora. As augas negras, procedentes dos inodoros e lavadora, son levadas a unha depuradora aerobia que emprega o sistema de lodos activos. As bacterias dixiren os lodos en presencia de osíxeno,sen axentes químicos.
• Recollida selectiva de residuos: ao longo da finca de Alvarella hai diferentes papeleiras para a recollida de vidro, papel, plásticos e materia orgánica compostables. Os residuos orgánicos do albergue recíclanse nun composteiro, convertíndose en humus mediante procesos biolóxicos naturais.
As medidas anteriores poderianse tomar en calquera edificio, pois fan referencia á forma do uso dos recursos. En Alvarella quíxose que tamén os materiais de construcción contribuiran ao desenvolvemento sostible a través da bioconstrucción. 2.2.-BIOCONSTRUCCIÓN: as bioconstruccións empregan materiais reciclables e reutilizables para reducir o impacto sobre o medio seguindo os Por isto o albergue Alvarella tentouse construir coa maior cantidade posible de materias de bioconstrucción como son:
• Termoarxila: as paredes construíronse con bloques cerámicos alixerados de termoarxila. É un material transpirable, higroscópico e bon aillante térmico e acústico.
• Madeira: a madeira usada nas fachadas, aleiros, farolas e beirarúas é de piñeiro do país, e de producción local. A estructura do tellado, a pérgola e o mobiliario exterior é de piñeiro roxo procedente de bosques sostible co selo FSC.
• Tuberías: nas tuberias evitouse o problemático PVC, cobre ou aceiro e utilizouse o polipropileno que é un plástico non clorado, insípido, anticorrosivo, moi duradeiro e reciclable.
• Pinturas: as pinturas usadas no interior de Alvarella, son pinturas ao silicato, feitas con sustancias naturais e ecolóxicamente inócuas. Ao igual que as pinturas usadas no exterior é cal hidráulica con propiedades desinfectantes, transpirables, higroscópicas e elásticas.
• Vernices: o mobiliario de madeira (liteiras, taburetes, mesas, fachadas,...) teñen acabados con lasur. É un producto ecolóxico con base de aceite de liñaza sen disolventes. Deixa o poro aberto o que posibilita a súa transpiración e aumenta a durabilidade da madeira.
• Pavimento de linóleo: un revestimento natural fabricado con cortiza, aceite de liñaza, resina e fibras naturais. É un material ecolóxico e reciclable.
Por último, o terceiro termo que se integrou en Alvarella fai que sexa unha construcción bioclimática o que se refire á forma física da construcción. 2.3.-BIOCLIMÁTICA: nas construccións bioclimáticas considéranse a morfoloxía do lugar, o clima e a orientación da zona na que se levanta, baixo os Esto conseguiuse coas seguintes medidas:
• Orientación ao Sur: as edificacións oriéntanse ao sur para aproveitar da insolación, calor e iluminación natural. En esta fachada Sur están uns grandes ocos acristalados, mentres que a fachada Norte está moi protexida.
• Pérgola na fachada Sur: a pérgola desta fachada está cuberta de vexetación caducifolia que axuda a regular dun xeito natural a temperatura do interior e impiden a entrada dos raios do sol no verán e permitindoa no inverno.
• Enerxía solar pasiva: a lonxitude do aleiro calculouse según a inclinación do sol nas diferentes estacións para conseguir quentar e iluminar o interior no inverno e no verán quedarse fora os raios. Tamén a cuberta do edificio é ventilada, o ar corre por debaixo das tellas e por riba das habitacións para evitar o quecemento excesivo.
3.-EDUCACIÓN AMBIENTAL NON FORMAL EN ALVARELLA. OBXETIVOS, CONTIDOS E ACTIVIDADES.
A Educación Ambiental non formal é a base das nosas actividades en Alvarella. Os recursos utilizados son o propio equipamento polas súas características e o contorno máis cercano. O noso proxecto educativo enfoca a súa oferta baseándose nunha serie de obxetivos xerais e obxetivos específicos para tratar os contidos de cada bloque temático.
3.1.- OBXETIVOS XERAIS
• Promover unha toma de conciencia crítica e sensible respecto do medio ambiente.
• Promover e desenvolver actitudes, valores e comportamentos ambientais, congruentes cun pensamento e unha ética ecolóxica orientada por criterios de solidariedade, equidade e xustiza social.
• Adquirir coñecementos e promover actitudes, valores e comportamentos ambientais en concordancia con un pensamento e unha ética ecolóxica e un estilo de vida sostible.
• Valorar a problemática ambiental como un fenómeno complexo, global e non alleo as nosas vidas.
• Desenvolver hábitos de conducta que axuden a minimizar a nosa presión contaminante sobre o medio.
• Asumir posturas respetuosas co medio e participar activamente en tarefas de protección, conservación e recuperación do entorno
• Integrar os principios, os valores e as prácticas do desenvolvemento sostible en todas as facetas da educación ambiental e da aprendizaxe.
• Fomentar os cambios de comportamento necesarios para preservar o futuro da integridade do medioambiente, a viabilidade económica e a xustiza social.
• Definir os aspectos teóricos relativos ó concepto de medioambiente.
• Promover o dereito a un pensamento plural, crítico e innovador na acción educativa ambiental. A nosa labor é facilitar a información, as ferramentas de aprendizaxe, os recursos educativos, para que o usuario se forme a súa propia opinión.
• Coordinar as diferentes modalidades de educación ambiental: formal, non forma e informal. 3.2.-OBXETIVOS E CONTIDOS DOS BLOQUES TEMÁTICOS.
3.4.-INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.
A avaliación é indispensable no proceso educativo para acadar os obxetivos desexados. En Alvarella tentamos facer unha avaliación inicial dun xeito escrito ou oral cos/as alumnos/as e o profesorado; durante a estancia facemos cuestionarios, pasamos fichas ou utilizamos o método de observación para asentar os coñecementos e detectar deficiencias. Ao final do traballo realizado, pasamos un test de avaliación para coñecer o grao de coñecemento e de satisfacción adquirido polos/as alumnos/as e os/as acompañantes. Este test final é estudado e analizado facéndolle chegar unha copia ao centro. Con esto pretendemos que exista unha comunicación entre a Educación Ambiental formal e a non formal. Con esto pretendemos avaliar dun xeito máis amplo os obxetivos pretendidos, a pesar das dificultades que presentan a brevedade das estancias e falla de continuidade no tempo. Queremos dende Alvarella que a nosa forma de traballo tamén sirva de exemplo para acadar sustentabilidade socioambiental a pesar dos obstáculos económicos aos que nos enfrentamos.
4.-CONCLUSIÓN.
Co noso plantexamento e as medidas tomadas, queremos influír na poboación en xeral de cara a unha forma de vida que non hipoteque ás xeracións futuras, sen, por eso renunciar á calidade de vida, que non se corresponde co maior gasto enerxético ou degradación do medioambiente.

22 fevereiro 2008

PROXECTO TERRA


Os días 28 e 29 de febreiro van estar con nos, visitando Parque Natural das Fragas do Eume e mais facendo actividades @s alumn@s do IES MANUEL GARCIA BARROS de A Estrada (Pontevedr). Veñen mediante o Proxecto Terra organizado e dirixido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Este proxecto e definido polo propio Colexio da siguinte maneira:
"Co ánimo de contribuír a que os cidadáns perciban a arquitectura e o territorio como piares básicos da nosa cultura, en xaneiro de 2000 o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia puxo en marcha o que posiblemente sexa o seu máis ambicioso proxecto cultural: o proxectoterra. Partindo do convencemento de que este obxectivo nunca se logrará acadar se non conseguimos que o feito arquitectónico e territorial adquira unha sólida presenza no ámbito da educación, o proxectoterra é un proxecto de intervención educativa dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuír a mellorar o coñecemento que os escolares de Galicia deben ter da nosa arquitectura e da nosa identidade territorial. Esta é a aportación que o noso colectivo e as entidades colaboradoras no proxecto poñen a disposición da comunidade educativa esperando que sexa un instrumento que axude a acadar os obxectivos que sobre arquitectura e territorio xa se contemplan na actualidade nas distintas etapas da Educación Obrigatoria"
Publicada por Albergue Alvarella em 18

09 fevereiro 2008

ESCOLAS UNITARIAS DE VILARMAIOR


O día 13 de FEBREIRO van estar con nos, facendo actividades de educación ambiental, @s alumn@ das escolas unitarias de Vilarmaior