26 dezembro 2007

XORNADAS SOBRE RESIDUOS AS PONTES


Nas actividades de nadal do concello de As Pontes estamos a realizar obradoiros sobre a separación dos residuos.

22 dezembro 2007

XORNADAS DE CONSUMO RESPONSABLE


Os día 21 e 22 de decembro vamos colaborar coa OMIC do Concello de Ferrol na celebración das XORNADAS DE CONSUMO RESPONSABLE NA RUA.
BOAS FESTAS A TODOS E TODAS.

19 dezembro 2007

Universidade de Vigo


Os dias 19 e 20 de decembro estarán nas nosas instalacións un grupo de traballo da Universodade de Vigo.

11 dezembro 2007

ESCOLAS UNITARIAS DE VILARMAIOR


O día 13 de decembro van estar con nos @s alumn@ das escolas unitarias de Vilarmaior. Visitarán o muiño das Ferreñas e fabricarán pan.

30 novembro 2007

PROXECTO "TERRA"




Os días 30 de Novembro e 1 de decembro van estar con nos, visitando Parque Natural das Fragas do Eume e mais facendo actividades @s alumn@s do IES MARQUES DE SARGADELOS de Cervo (Lugo). Veñen mediante o Proxecto Terra organizado e dirixido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

29 novembro 2007

FOROS DA MOCIDADE EUMEXOVEN 2007

Euroeume prepara los Foros da Mocidade Eumexoven 2007, que se celebrarán en la comarca durante el próximo mes de diciembre. El primero de ellos, dirigido a los jóvenes de Pontedeume y Cabanas, tendrá lugar el martes 4 de diciembre en el instituto eumés Breamo. Le seguirá, el sábado 15, el encuentro de Monfero y Vilarmaior, que se celebrará en el albergue Alvarella; el miércoles 19, el de As Pontes, en el instituto Castro da Uz y el jueves 20, el de San Sadurniño, en el centro sociocultural del municipio.Cada uno de estos encuentros abordará una temática diferentes. En Pontedeume se debatirá sobre el botellón; en Vilarmaior, se impartirá un taller sobre el trabajo en equipo y otro sobre Educación Ambiental y en San Sadurniño, la organización ha preparado un videofórum dirigido a los alumnos de Educación Secundaria Obligatoria (ESO) en el que se proyectará el cortometraje Binta y la gran idea y los participantes trabajarán sobre los conceptos participación, género, coeducación e intercultura.

23 novembro 2007

PROXECTO "TERRA"


Os días 23 e 24 de Novembro van estar con nos, visitando Parque Natural das Fragas do Eume e mais facendo actividades @s alumn@s do IES DE PONTEPEDRIÑA de Santiago. Veñen mediante o Proxecto Terra organizado e dirixido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

19 novembro 2007

VISITA D@S VECIÑ@S DE OZA DOS RIOS



O domingo 25 de novembro, o Concello de Oza dos Ríos organiza unha excursión totalmente gratuita (con xantar incluido) ás Fragas do Eume e ao Albergue Rural Alvarella( http://www.alvarella.com/ ) no que xantaremos, escoitaremos unha charla sobre bioconstrucción e visitaremos as súas instalacións construidas baixo o principio da sostibilidade.O horario da xornada será, aproximadamente (excepto a hora de saída, pode sufrir modificacións), o seguinte:9.30 Saída da parada de taxis de Oza dos Ríos.10.30 Comezo da ruta polas Fragas do Eume.13.00 Saida cara Alvarella.13.30 Comida15.00 Charla sobre bioconstrucción16.30 Visita das instalacións.18.00 Saida 19.00 Chegada a Oza dos Ríos.O prazo de inscripción remata o mércores 21 de novembro.Para máis información ou inscripción:Preguntar por Julia ou Susana no teléfono 981 792 000 (de 10.00 a 14.00 h.) ou enviar un e-mail (con nome apelidos e un télfono de contacto) a ozaturismo@yahoo.esEsperamos que vos animedes a acompañarnos!!!

14 novembro 2007

PROXECTO TERRA


Os días 16 e 17 de Novembro van estar con nos, visitando Parque Natural das Fragas do Eume e mais facendo actividades @s alumn@s do CPI de Castro Caldelas de Ourense. Veñen mediante o Proxecto Terra organizado e dirixido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

COLEXIO MONTESPIÑO

Os días 15 e 16 de Novembro van estar con nos, visitando Parque Natural das Fragas do Eume e mais facendo actividades as alumnas do Colexio Montespiño de Culleredo A Coruña.
Que o pasedes ben!!

08 novembro 2007

PROXECTO TERRA


Os días 9 e 10 de Novembro van estar con nos, visitando Parque Natural das Fragas do Eume e mais facendo actividades @s alumn@s do IES A Sardiñeira de A Coruña
Veñen mediante o Proxecto Terra organizado e dirixido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

06 novembro 2007

COLEXIO "LOS SAUCES" DE VIGO


Os dias 7,8 e 9 van estar con nos @s alumn@s de secundaria do Colexio Los Sauces de Vigo.
Visitaran o parque de Sotavento e a central de Meirama.
¡ Que o pasedes ben!

25 outubro 2007

PROXECTO CLIMÁNTICA


Os dias 31 de outubro 1,2 3 e 4 de novembro van estar con nos @s nen@s do PROXECTO CLIMÁNTICA promovido pola Conselleria de Medio Ambiente. Son nen@s de Secundaria de diferentes Institutos de Galicia.
Que o pasedes ben !!
¿ QUE É CLIMÁNTICA ?

"Climántica é o novo proxecto de educación ambiental da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Este proxecto é froito do traballo en equipo levado a cabo por diferentes expertos e que se iniciou en setembro de 2006. O equipo Climántica consta de catro grupos de traballo –didáctica, edición gráfica, multimedia e asesoría científica – que traballan coordinados mediante o uso dunha plataforma colaborativa situada na intranet da web do proxecto.
A parte de Climántica que está dirixida aos alumnos de secundaria expón –ao longo de oito unidades didácticas, con un ritmo de traballo previsto dunha unidade por cuatrimestre- os grandes problemas ambientais, á vez que os relaciona co cambio climático a nivel global. Todas as unidades foron deseñadas para que a súa aplicación nas diferentes áreas, materias e módulos da ensinanza secundaria resulte interesante, sinxela e eficaz. Tamén hai produtos que van dirixidos ao ensino primario, deseñados nun marco máis lúdico e próximo á fantasía infantil – cómics, series de curtos de animación 3D, videoxogos – e outros para a cidadanía en xeral como blogs na web, documentais e revistas.
O contido das unidades didácticas "alimenta" a todo o proxecto e está especialmente relacionado con áreas, materias e módulos do currículo de secundaria dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, aínda que tamén resultan de interese para outros departamentos como Xeografía e Historia, Física e Química, Tecnoloxía e Economía. Búscase sempre o desenvolvemento e interrelación dos conceptos esenciais das disciplinas que se necesitan para abordar o estudo e comprensión do cambio climático. O cambio climático constitúese así no marco que relaciona aos temas medioambientais clásicos - enerxía, residuos, hidrosfera, biodiversidade, paisaxe e ordenación do territorio, medio rural e medio urbano – permitindo que se aborde este problema global no conxunto das unidades con un enfoque interdisciplinar.
As unidades didácticas pódense utilizar no seu conxunto, mediante a coordinación dun equipo docente de diversas disciplinas do ensino en secundaria, facilitando o seu desenvolvemento transversal. Ademais, grazas á súa estrutura, tamén é posible que os profesores que o desexen, poidan usar capítulos illados, ou extraer aquelas partes que consideren máis interesantes para os seus alumnos.
Esta selección de fragmentos realízase dun xeito moi eficaz nesta web de Climántica, na que conflúe a totalidade do proxecto e donde é posible encontrar versións dixitais de partes das unidades editadas en papel, con un contido e un deseño totalmente adaptados ao medio, constituíndo por si mesmas auténticas unidades didácticas multimedia que permiten o seu completo desenvolvemento en soporte informático. Para facilitar unha selección de contidos o máis personalizada posible, pódese acceder ás descargas selectivas dos materiais que se van a ir creando: capítulos, contidos, tipo de actividades, ilustracións singulares, fotografías e láminas de cada unidade , as animacións, documentais, artigos, cómics, etc. De esta forma, Climántica permite que os usuarios adapten o proxecto aos seus intereses educativos de forma eficaz.
A navegación na web realizase a través de dous menús: na columna de menús da esquerda enuméranse os titulares das 8 unidades didácticas, e cando se selecciona un titular, despréganse os seus capítulos nesa mesma columna. Ao premer nun dos capítulos, aparece unha nova columna de menús que se desprega á dereita da pantalla, na que se pode seleccionar o apartado do capítulo que se quere ler. Para universalizar o acceso ao proxecto, pódese acceder en galego, castelán e inglés."
Francisco Sóñora Luna, director do proxecto “Climántica”

19 outubro 2007

PROXECTO TERRA


Os días 19 e 20 van estar con nos, visitando Parque Natural das Fragas do Eume e mais facendo actividades @s alumn@s do IES de Allariz.

Veñen mediante o Proxecto Terra organizado e dirixido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Este proxecto e definido polo propio Colexio da siguinte maneira:

"Co ánimo de contribuír a que os cidadáns perciban a arquitectura e o territorio como piares básicos da nosa cultura, en xaneiro de 2000 o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia puxo en marcha o que posiblemente sexa o seu máis ambicioso proxecto cultural: o proxectoterra. Partindo do convencemento de que este obxectivo nunca se logrará acadar se non conseguimos que o feito arquitectónico e territorial adquira unha sólida presenza no ámbito da educación, o proxectoterra é un proxecto de intervención educativa dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuír a mellorar o coñecemento que os escolares de Galicia deben ter da nosa arquitectura e da nosa identidade territorial. Esta é a aportación que o noso colectivo e as entidades colaboradoras no proxecto poñen a disposición da comunidade educativa esperando que sexa un instrumento que axude a acadar os obxectivos que sobre arquitectura e territorio xa se contemplan na actualidade nas distintas etapas da Educación Obrigatoria"

13 outubro 2007

IES RODEIRA de CANGAS


Do 15 ao 17 de outubro van estar con nos @s nenos e nenas de Secundaria do IES de Rodeira de Cangas.
Que teñades bon tempo e que o pasedes ben.

10 outubro 2007

ESTANCIA DOS/AS CHICOS E CHICAS DE FADEMGA


Os próximos días 12,13 e 14 van estar disfrutando das instalacións de Alvarella e das súas actividades os chicos e chicas de FADEMGA.
! Que o pasen ben¡

05 outubro 2007

PREMIO DO COLEXIO DE ARQUITECTOS DE FERROL





Para celebrar o Día Mundial da Arquitectura, os arquitectos ferroláns quixeron elixir, este ano, un proxecto que simbolizase, ao mesmo tempo, o respecto polo ecosistema e a integración pola paisaxe. E elixiron un edificio -en fin, quizais edificio non sexa a palabra; talvez dicir construción resulte máis correcto, porque aínda que hai un inmoble central son varios os volumes que integran a proposta- de Daniel Beiras García-Sabell: o albergue Alvarella, situado no termo municipal de Vilarmaior.
Trátase, en efecto, dun conxunto pensado para gozar do ecosistema sen alteralo. Para integrarse na paisaxe, por suposto, pero ademais para respectar os recursos naturais e lograr que quen alí acoden gocen da natureza... en comuñón con ela. á hora de elixir o albergue Alvarella como espazo a premiar este ano, os integrantes da delegación ferrolá do Colexio de Arquitectos de Galicia, delegación que preside María Fernández Lemos, destacaron que se trata tanto dun «exemplo de aplicación dás técnicas dá arquitectura bioclimática a un edificio do medio rural galego» como o feito de ser un proxecto no que «a integración física» coa contorna da construción vai parella «coa eficiencia e co aforro enerxético». Ao mesmo tempo, resaltan a súa aposta decidida «polo reciclado» e polo «aproveitamento solar». E verdadeiramente sorprende, si, a quen visita por vez primeira o albergue deseñado por Daniel Beiras García-Sabell, ver ata que punto lográronse os obxectivos que buscaban o arquitecto e o seu equipo de colaboradores.
A visión do sur
A construción mira cara ao val que se abre ao sur sen que desde o val mesmo os seus edificios alteren nin o máis mínimo a paisaxe. Son edificios, os que integran o conxunto -algúns de nova construción, outros froito da rehabilitación de construcións orixinalmente agrarias xa existentes- que enriquecen visualmente a contorna, lonxe de danar unha paraxe especialmente favorecida pola natureza, no que a primavera é madrugadora e no que os outonos son suaves ata xa case chegado o inverno. A práctica totalidade dos arquitectos ferroláns que onte acudiron ao acto organizado pola delegación do seu colexio profesional tiñan en común a súa mocidade. E algo máis: o interese por facer da súa profesión o que debeu ser sempre; é dicir, unha forma de humanizar a paisaxe facilitando a convivencia entre o home e a súa contorna, e evitando a destrución do que as xeracións futuras teñen dereito a recibir en bo estado: a paisaxe e o medio ambiente. No caso do albergue Alvarella as enerxías naturais aprovéitanse ata o extremo de que o conxunto dispón, para cociñar, entre outros recursos especialmente respectuosos co ecosistema, dunha fonte de calor que se alimenta directamente da luz solar. E ata a maior parte da electricidade que consomen os electrodomésticos do complexo procede directamente dos paneis que o sol alimenta. Todos os espazos construídos están pensados para aproveitar ao máximo tanto a iluminación natural como a enerxía calórica que emana do sol. E ata dispón, o albergue, do seu propio sistema de depuración de augas. Nada, nel, contamina. Para a natureza, o máximo respecto de ALVARELLA


(la Voz de Galicia 2-10-07)