17 junho 2010

ALVARELLA AMIGA

Arrecendos de vida e silencio
aniñan en ti.
Pentagramas de mil cantos ceibes
alédanche o día.
As cerdeiras regalan aos merlos
bicos de cereixa.
Anda o Tobi a dar agarimo
a todo o que o deixa.
Sensación de amor infinito
é o teu abrazo.
Ardentía de cores adorna
a mirada túa.
Eu devezo por verte e sentirme
parte do teu canto.
Follas de loureiro, carballo e salgueiro
forman o teu manto.
Non esquezas que o teu nacemento
foi unha alegría,
que foches arela feita realidade,
grande regalía,
Que desexo verte cada certo tempo,
compartir contigo
toda a alegría, afecto e agarimo
que dá un amigo.
Até sempre, sabes que te quero,
Alvarella amiga,
unha outra vez dígoche até logo
nesta despedida.

Ricardo Seixo (xuño 2010).


Con todo o meu afecto para esa gran familia que formades o colectivo de traballadores/as de Alvarella.