17 maio 2012


Albergue ALVARELLA
                    Equipamento de Educación Ambiental 

 
ECO-CAMPAMENTOS 2012. En colaboración coa CIG-Ensino

Os eco-campamentos de Verán en Alvarella forman parte dun amplo proxecto de Educación Ambiental e valorización do noso patrimonio. Por aqui teñen pasado centos  de nen@s, moz@s e educador@s  que gozando do espazo de Alvarella, aprenden a protexer o Medio Ambiente a coñecer a cultura  e patrimonio do Pais e a  querer a nosa  lingua.
Este verán realizaremos unha 1º QUENDA de 7 DÍAS  do 24 de xuño ao 30 de xuño, e unha  2º QUENDA do 1 ao 7 de xullo para nen@s de 7 a 12 anos  (Máximo 50 nen@s)                                 
Prezo: 295 € afiliad@s CIG e 325 € non afiliad@s
Para tódolos casos 10% desconto para o 2ª irmá
Descrición: ecolabel_logo
 
ALVARELLA:  ALBERGUE TURÍSTICO RURAL. EQUIPAMENTO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL
Breanca - Doroña nº 4   15615 Vilarmaior                    ( Pontedeume )  A Coruña

 
AS PRE-INSCRIPCIÓNS  ESTÁN ABERTAS DENDE O 15 DE MARZO ATA O 10 DE XUÑO
Chámanos canto antes  ao  981.78.45.63
Mais información en:                        www.alvarella.com

12 setembro 2011

Curso de Iniciación á Micoloxía 22 e 23 outubro

Curso de Iniciación á Micoloxía

PRESENTACIÓN
A finalidade deste curso é espertar a curiosidade sobre a vida dos fungos que, como a maioría dos elementos que conforman a Natureza, seguen a ser grandes descoñecidas.
A nosa intención é que, cunha serie de nocións básicas para a súa observación e identificación, podamos achegarnos máis ao seu contorno, e que á forza de coñecelos tamén as respetemos.
Por outra banda, e de un modo máis específico, intentaremos fomentar o estudio, para que deste xeito, os asistentes podan decatarse da súa existencia, facilitando o seu descubrimento, favorecendo o seu interese por coñecelas e por protexelas.
OBXECTIVOS
• Fomentar o respeto pola Natureza, convivindo con ela activamente.
• Desenvolver actitudes medioambientais, valorando e respetando o contorno no que vivimos.
• Facer realidade unha aprendizaxe activa en base á observación e experimentación.
• Achegar ós participantes o mundo da Micoloxía e aprender a identificar as principais especies de fungos do noso contorno.
• Facilitar a organización de recunchos para o estudio e identificación dos fungos.

CONTIDOS
• Introducción ó reino dos fungos: características xerais.
• Estratexias para a identificación dos cogumelos.
• Os cogumelos nos principais ecosistemas galegos.
• Especies comestibles e perigosas de cogumelos en Galicia.
• Receitas de cociña caseiras con cogumelos.
• Aplicación didáctica para o ámbito educativo.

POÑENTE: Jorge Gude Armas (educador ambiental)
METODOLOXÍA
Este curso será eminentemente práctico, alternando a parte teórica coas diferentes saídas ó campo e obradoiros que se realizarán ao longo do mesmo.
DURACIÓN
O curso relizarase durante unha fin de semana, comenzando o sábado pola mañá ata o domingo pola tarde. As persoas que o desexen poderían cear e pernoctar en Alvarella a noite do venres.
PREZO: 50 €.
O prezo inclúe a asistencia ás dúas xornadas do curso coa documentación e material correspondentes, así como o aloxamento e pensión completa.
Os/As participantes deberán vir provistos de calzado e roupa cómodas para as saídas ó campo.
As persoas que desexen cear e pernoctar en Alvarella o venres 21 terán que pagar un suplemento de 10 €.
• Forma de pago:
No número de conta de “La Caixa”: 2100 – 4876 – 05 – 2200011819; a nome de Alvarella Ecoturismo S. L (especificando o nome do/a matriculado/a). Contacto: Tfno/Fax 981-784563
Móvil 648-925-134 ou no e-mail : info@alvarella.com
• Data límite de pago: luns 17 de outubro de 2011.
• Prazas limitadas.
PROGRAMA
*1º DIA (sábado)
- 10:30 h: Presentación do curso
- 10:45 h: Charla sobre o mundo dos cogumelos
- 12:00 h: Pausa-café
- 12:30 h: Saída ó campo (finca Alvarella)
- 14:30 h: Xantar.
- 16:00 h: Charla sobre identificación de cogumelos.
- 17:00 h: Saída ó campo (rota polo contorno de Alvarella)
- 19:00 h: Pausa-café
- 19:30 h: Obradoiro de esporadas e observación co microscopio.
- 21:00 h: Cea
- 23:00 h: Descanso
*2º DIA (domingo)
- 08:30 h: Almorzo
- 09:30 h: Saída ó campo ( Monte de Forgoselo)
- 13:00 h: Receitas sinxelas de cociña con cogumelos
- 14:30 h: Xantar
- 16:00 h: Posta en común e avaliación
- 17:00 h: Remate do curso e despedida.

19 agosto 2011

Lo que dijo Paul Krugman

miércoles 17 de agosto de 2011

El premio Nobel de economía ha dicho en una entrevista que la crisis se acabaría, por ejemplo, si una invasión alienígena obligara a los gobiernos a dedicarse a salvar el planeta y a dejar de marear la perdiz financiera. Los portavoces del tinglado financiero han puesto al ilustre economista a caer de un burro por estas declaraciones, pero lo cierto es que no le falta razón.

Ya hace muchos años que se comparó a la economía financiera con un cañón desbocado. En la antigua marina de guerra, los cañones que se soltaban de los cabos circulaban de un lado a otro de la cubierta destrozándolo todo al vaivén del oleaje, y resultaba difícil amarrarlos de nuevo, pues podían pesar toneladas. El papel del cañón desbocado lo cumple hoy la inmensa bolsa de dinero virtual, por ejemplo de algún fondo de pensiones escocés, que da bandazos en la cubierta de la economía real destrozándolo todo a través de mecanismos financieros carentes de regulación y control, capaces de convertir un diminuto agujero en un agujero gigantesco por el que se cuelan las haciendas y las vidas de millones de personas.

Pero no hacen falta invasiones extraterrestres. La economía financiera sustituye con ventaja a los aliens: tiene un inmenso poder, actúa de manera tan incomprensible como los marcianos de Mars Attack, a base de ciclos de euforia y pánico, y es capaz de generar una enorme violencia sobre cualquier sector de la economía débil o desguarnecido. Pues a eso estamos. Se trata de atar de nuevo el cañón desbocado y construir a continuación una economía dentro-del-planeta y no fuera de él, sostenible, para entendernos

miércoles 17 de agosto de 2011