Desde 1992, a Etiqueta Ecolóxica Europea (EEE) distingue aos produtos máis amigables co medio ambiente, o que permite aos consumidores europeos identificar produtos "verdes" certificados oficialmente na Unión Europea, e aos fabricantes mostrar e comunicar aos seus clientes que os seus produtos respectan o medio ambiente. Trátase dunha etiqueta pública, compatible con outros sistemas nacionais de etiquetaxe ecolóxica e que é válida e recoñecida en todos os Estados Membros da Unión Europea, con independencia de cal sexa Estado no que se obtivo. O obxectivo xeral da EEE é promover produtos que poden reducir os efectos ambientais adversos, en comparación con outros produtos da mesma categoría, contribuíndo así a un uso eficaz dos recursos e a un elevado nivel de protección do medio ambiente. A EEE concédese a aqueles produtos (coa excepción de alimentos, bebidas e medicamentos) que teñan unha menor incidencia sobre o medio ambiente, sempre sobre a base duns criterios ecolóxicos establecidos con anterioridade
A ECOETIQUETA EUROPEA PARA ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOSMáis que calquera outro tipo de desenvolvemento, o turismo necesita un medioambiente protexido. O sector do turismo representa o 5% do PIB da Unión Europea e conta con máis de medio millón de aloxamentos turísticos. Desde refuxios de montañas ata grandes cadeas de hoteis, estes aloxamentos son variados pero tanto profesionais do turismo como turistas se mostran cada vez máis sensibles aos impactos negativos que poden causar ao medioambiente.
A miúdo situados en sitios agradables pero fráxiles, os aloxamentos turísticos afectan aos recursos naturais locais de auga e enerxía, e poden alterar seriamente a biodiversidade sen unha boa xestión dos residuos. As cada vez máis numerosas normas, a conciencia crecente sobre os problemas do medioambiente, a necesidade dos profesionais de diferenciar os seus produtos dos da competencia. Todo xoga un papel a favor da eco-etiqueta europea para os servizos de aloxamento turístico. A etiqueta ecolóxica europea é o único signo de calidade ambiental certificado por un organismo independente e avalado en toda Europa, constitúe unha oportunidade única de responder ás expectativas dos seus clientes.
Pór a Ecoetiqueta europea nos produtos significa que posúen as seguintes vantaxes:
v Limitan o consumo enerxético
v Limitan o consumo de auga
v Limitan a produción de residuos
v Favorecen o uso de fontes de enerxía e recursos renovables
v Promoven a comunicación e a educación sobre temas ambientais
CRITERIOS DA ECOETIQUETACalquera operador de turismo -desde un gran cadea hostaleira ata unha pequena granxa de agroturismo- poden solicitar a Ecoetiqueta Europea. Pero primeiro deben cumprir estritamente uns mínimos estándar en relación ao medio ambiente e a saúde. Estes deben incluír o uso de fontes de enerxía renovables, unha dismunición do consumo de auga e enerxía, medidas para reducir as augas residuais, unha política ambiental establecida, a existencia de áreas para non fumadores, etc. Conseguir a Ecoetiqueta para os servizos de aloxamento turístico require dun esforzo extra pero tamén proporciona un valor engadido. Axuda a identificar e afrontar as debilidades ecolóxicas e económicas do negocio: á vez que p.ex. redúcese o consumo de auga e de enerxía, obtense un beneficio económico e ecolóxico.
Criterios ecolóxicos obrigatorios Economía da enerxíav 22% da electricidade (para consumo xeral e calecfación) procederá de fontes de enerxía reno-vables
v Non utilizar gasoil cuxo contido de xofre > 0,2% nin carbón como fonte de enerxía.
v Rendemento da caldeira > 90% medido conforme á Directiva 92/42/CEE.
v Aire acondicionado cunha eficiencia enerxética de clase B definida na Directiva 2002/31/CE.
v Entre o 60% e o 80% de bombillas de eficiencia A conforme a Directiva 98/11/CEE
v Illamento térmico e acústico das fiestras.
v Saunas cun mando temporizador.
Economía da augav Caudal de auga de billas e duchas < 12 L/minuto.
v Non máis de 5 cisternas funcionando á vez.
v Sabas e toallas cambiadas a petición do cliente ou unha ou dúas veces por semana (segundo a categoría do aloxamento).
v Rega de plantas e xardíns despois do atardecer ou antes do mediodía.
v Trataranse todas as augas residuais.
v Aplicarase o plan local de augas residuais.
v Só se utilizarán desinfectantes se é necesario para cumprir os requisitos legais de hixiene.
Xestiónv Sección para non fumadores nas áreas comúns.
v Bo mantemento e revisión do equipamento.
v Elaboración dunha política ambiental e dun plan de actuación detallado para aplicala.
v Formación do persoal para garantir a aplicación das medidas ambientais.
v Información aos clientes sobre a política ambiental, as medidas tomadas e a eco-etiqueta ecolóxica.
v Procedementos de recollida e control de datos (consumo de enerxía, de electricidade, de auga, de produtos químicos e de residuos).
Redución de residuosv Facilitar a clasificación dos residuos para os clientes.
v Clasificación dos residuos perigosos (enumerados na Decisión 2000/532/CE) polo persoal.
v Residuos clasificados e transportados ao lugar adecuado procurando que sexa o máis próximo posible (se procede).
v Non se utilizarán produtos desechables (xabón, champú, gorros de ducha, cuncas, pratos e cubertos...)
Información aos clientesv Pechar as fiestras cando a calefacción ou o aire acondicionado estean en funcionamento se non se desconectan automaticamente.
v Apagar as luces antes de abandonar a habitación.
v Instrucións sobre o aforro de auga no cuarto de baño.
v Depositar os residuos na papeleira dos aseos.
v Informar ao persoal se se atopan fugas.
v Información sobre o transporte público local
Texto que deberá aparecer sobre a eco-etiqueta:v Medidas tomadas para aforrar enerxía e auga
v Medidas tomadas para reducir a cantidade de residuos.
v Mellora xeral do medioambiente.
Criterios Ecolóxicos opcionais (Sistema de Puntos)Os 37 criterios obrigatorios descritos arriba débense cumprir se se poden aplicar á situación. Outra serie de 47 criterios opcionais foron enumerados cun sistema de puntos. Débese conseguir un resultado mínimo de 16,5 puntos en criterios opcionais sobre un total posible de 77 puntos.
A presente ficha de síntese ten como finalidade fornecer unha información de carácter xeral. Se desexa recibir unha información máis detallada sobre os criterios ou saber con quen contactar no seu país para a obtención da eco-etiqueta, consulte a seguinte páxina Internet:
ttp://europa.eu.int/ecolabel FONTE: http://www.eco-label.com/spanish/