
O domingo 25 de novembro, o Concello de Oza dos Ríos organiza unha excursión totalmente gratuita (con xantar incluido) ás Fragas do Eume e ao Albergue Rural Alvarella( http://www.alvarella.com/ ) no que xantaremos, escoitaremos unha charla sobre bioconstrucción e visitaremos as súas instalacións construidas baixo o principio da sostibilidade.O horario da xornada será, aproximadamente (excepto a hora de saída, pode sufrir modificacións), o seguinte:9.30 Saída da parada de taxis de Oza dos Ríos.10.30 Comezo da ruta polas Fragas do Eume.13.00 Saida cara Alvarella.13.30 Comida15.00 Charla sobre bioconstrucción16.30 Visita das instalacións.18.00 Saida 19.00 Chegada a Oza dos Ríos.O prazo de inscripción remata o mércores 21 de novembro.Para máis información ou inscripción:Preguntar por Julia ou Susana no teléfono 981 792 000 (de 10.00 a 14.00 h.) ou enviar un e-mail (con nome apelidos e un télfono de contacto) a ozaturismo@yahoo.esEsperamos que vos animedes a acompañarnos!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário